Pode parecer contraditorio pero este complemento de moda está deseñado expresamente para mulleres que practican o nudismo.
Un informe da Avogacía do Estado recoñece o deber á utilización de 'as dúas linguas cooficiales -galego e castelán' na redacción de impresos, sinalización e carteis da capitanía marítima de Burela, logo da esixencia de tres traballadores que denunciaban 'incumprimentos e irregularidades' na aplicación da lexislación lingüística.
Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) fixeron en augas da Ría de Arousa a primeira reintrodución no océano de cabaliños de mar criados en catividade. O proxecto, pioneiro a nivel mundial, permitirá coñecer máis sobre o comportamento desta especie en liberdade e as súas características reprodutivas e biolóxicas e saber se son capaces de adaptarse ao medio natural despois de ter vivido nun laboratorio.
Mañá inicia A Nosa Terra Diario unha nova sección, 'Entrevistas analóxicas', que permitirá coñecer aqueles aspectos máis ocultos dos famosos galegos. Permanezan atentos!
Unha comisión cidadá está a promover un manifesto a prol do idioma galego, e ao mesmo tempo quere constituírse en grupo promotor para elaborar e presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa lexislativa popular en relación coa oficialidade do idioma galego.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsou hoxe a convocatoria de oito novas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, co obxectivo de 'difundir a lingua propia' noutros territorios" e que terán lugar en La Habana –Cuba–; Birmingham e Oxford –Reino Unido–; Cork –Irlanda–; Salvador de Bahía –Brasil–; París –Francia–; Trier –Alemaña–; e Euskadi.
O 3 de abril de 2010 é a data fixada para que a televisión analóxica deixe de funcionar no Estado, abrindo paso ao novo sistema de televisión dixital terrestre (TDT) e, con ela, a novos televisores que mellores a calidade da imaxe e o son e que incorporen avances técnicos que permitan un maior aproveitamento desta nova tecnoloxía. Galiza carece dun centro de tratamento específico para este tipo de residuos.
O Laboratorio de Patrimonio do CSIC presentará mañá o proxecto de I+D+I 'Investigación etnoarqueolóxica da industria do volframio na comarca do Barbanza'.
Un total de 10.280 mozos galegos cobran actualmente a Renda Básica de Emancipación, co que a Comunidade galega sitúase como a quinta na que máis axudas deste tipo percíbense, segundo informou hoxe o Ministerio de Vivenda. A maior parte dos beneficiarios, 5.768 son mulleres, segundo os datos achegados polo Goberno estatal, mentres que 4.512 son homes.
É a barba un símbolo identificativo da masculinidade? No caso dos galegos semella non ser así, xa que segundo unha enquisa feita pola marca de produtos Wikilson Sword, o 88% non a usa. O estudo recolle que o 80% dos homes galegos lles gusta ir sempre perfectos e ben afeitados e tres de cada catro confesan ter no seu poder produtos para o coidado da pel.
Descargar Tarifas