PUBLICIDADE
Domingo, 05 de xullo de 2009
31193
Aumenta a tensión en Honduras
Os golpistas abandonan a OEA para evitar sancións
O toque de queda prolongouse até o domingo O toque de queda prolongouse até o domingo

As autoridades golpistas de Honduras anticipáronse a unha inminente suspensión da Organización de Estados Americanos (OEA) pola súa negativa a restituír no poder ao deposto presidente Manuel Zelaya. O goberno de Micheletti acordou autoexcluírse do organismo que este sábado celebra unha Asemblea Xeral en Washington.

04.07.2009 | 09:59
Comentarios 1 Comentario
31170
Conflitos internacionais
As guerras fanse por petróleo... E que?
Soldados xeorxianos descansan nunha gasolineira na cidade de Tskhinvali, durante a guerra con Rusia de agosto do 2008.	Soldados xeorxianos descansan nunha gasolineira na cidade de Tskhinvali, durante a guerra con Rusia de agosto do 2008. . David Mdzinarishvili / REUTERS

Para moitos, afirmar que a orixe dun conflito é o control do cru, é coma unha especie de esconxuro que o libera de pensar cal é o modelo de desenvolvemento que posuímos e o papel da enerxía nel.

04.07.2009 | 09:48
31148
Xesto 'indecoroso' no Parlamento
Os cornos que fixeron dimitir o ministro de Economía luso
Manuel Pinho, ex ministro luso de Economía Manuel Pinho, ex ministro luso de Economía

O Ministro de Economía e Innovación de Portugal, Manuel Pinho, presentou a súa dimisión, xa aceptada polo xefe de Goberno, o socialista José Sócrates, tras facer no Parlamento un 'xesto indecoroso' cara ao portavoz do Partido Comunista.

03.07.2009 | 09:55
Comentarios 1 Comentario
31145
Golpe de Estado en Honduras
Micheletti amósase disposto a adiantar as eleccións
Protesta nas rúas de Tegucigalpa Protesta nas rúas de Tegucigalpa

O presidente 'de facto' de Honduras, Roberto Micheletti, asegurou que non ten ‘ningunha obxección’ en adiantar as eleccións xerais de novembro como saída á crise causada polo derrocamento de Manuel Zelaya.

03.07.2009 | 08:48
31056
Amnistía Internacional denuncia crimes de guerra
Israel usou armas de gran precisión en Gaza
O cadáver dunha nena é transportado por palestinos en Gaza O cadáver dunha nena é transportado por palestinos en Gaza. Mohamed Salem/REUTERS

Amnistía Internacional asegurou que a 'maioría' dos 1.400 palestinos que morreron durante a ofensiva efectuada a principios deste ano por Israel na Franxa de Gaza, entre os que había ao redor de '300 nenos e nenas e centenares de civís desarmados', foron vítimas de 'armas de alta precisión' cuxo 'excelente sistema óptico permitía ver con detalle o obxectivo', polo que non se poden seguir xustificando estas mortes 'cualificándoas sen máis de 'danos colaterais'.

02.07.2009 | 08:48
31055
Na maior operación da 'era Obama'
Os EE UU lanzan unha ofensiva contra os talibáns
Soldados estadounidenses en Afganistán Soldados estadounidenses en Afganistán

Máis de 4.000 marines e centenares de soldados afgáns iniciaron unha grande ofensiva sobre baluartes talibán na provincia de Helmand. Trátase da maior operación desde que o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, asumiu o cargo.

02.07.2009 | 08:35
31054
Endurece as condicións do pobo
Honduras suspende as liberdades individuais
Militares de Honduras en tanques nas rúas de Tegucigalpa tentan repregar os manifestantes a prol de Manuel Zelaya Militares de Honduras en tanques nas rúas de Tegucigalpa tentan repregar os manifestantes a prol de Manuel Zelaya. Oswaldo Rivas / Reuters

O Congreso de facto de Honduras decretou a suspensión de todas as garantías individuais consagradas na Constitución do país centroamericano.

02.07.2009 | 08:08
Comentarios 1 Comentario
31034
Cumpre o prazo da OEA
Zelaya atrasa 72 horas o seu regreso a Honduras
Manuel Zelaya, presidente de Honduras Manuel Zelaya, presidente de Honduras

O presidente hondureño Manuel Zelaya atrasará 72 horas o seu regreso ao seu país, inicialmente anunciado para o xoves, logo do desafío lanzado por Roberto Micheletti con arrestalo á súa chegada.

01.07.2009 | 18:20
30922
Ultimato da Organización de Estados Americanos
Prazo de 72 horas para reinstaurar a democracia en Honduras
Partidarios de Micheletti nas rúas de Tegucigalpa Partidarios de Micheletti nas rúas de Tegucigalpa

Os membros da Organización de Estados Americanos (OEA) decidiron darlle un ultimato ao Goberno interino de Honduras para reinstaurar a democracia nun prazo de 72 horas. De non ser así, o país caribeño quedará fóra da OEA.

01.07.2009 | 09:20
30919
A ONU condena o golpe militar
Os golpistas amplían o toque de queda en Honduras
Manuel Zelaya durante a súa intervención na Asemblea Xeral da ONU Manuel Zelaya durante a súa intervención na Asemblea Xeral da ONU. ONU

O goberno de facto de Honduras ampliou o toque de queda militar até o vindeiro venres, segundo un anuncio feito a través da estatal canle 8, tomado xa polos golpistas.

01.07.2009 | 08:21
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
164 Seguinte
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río