PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
43067
Enviaralle unha carta a Zapatero
Feixóo ofrécelle 'lealdade' ao BNG coas caixas
Alberte Núñez Feixóo, aplaudido pola bancada do PP no Debate do estado da Nación Alberte Núñez Feixóo, aplaudido pola bancada do PP no Debate do estado da Nación. AGN

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, avisou de que 'a próxima carta' que remita o Goberno autonómico en relación á negociación aberta sobre a Lei de Caixas terá como destinatario ao presidente do Executivo central, José Luis Rodríguez Zapatero, e non ao secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, a quen volveu cuestionar como interlocutor polo seu obxectivo de 'bloquear' o marco para unha fusión das entidades de aforro galegas.

16.03.2010 | 21:27 | | 5 Comentarios
43066
Enfróntase á oposición pola lingua
O PP destaca un Goberno 'único e coordinado'
Manuel Ruiz Rivas, portavoz do PPdeG no Parlamento, durante o Debate do Estado da Nación Manuel Ruiz Rivas, portavoz do PPdeG no Parlamento, durante o Debate do Estado da Nación. AGN

O portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, destacou que, tras un ano desde que os 'populares' asumiron as rendas da Xunta, Galiza pasou dun bipartito con 'pelexas internas' a un 'Goberno único e ben coordinado'. Así mesmo, na súa intervención, enfrontouse coa oposición pola cuestión lingüística e advertiulle de que á súa formación 'non lle van a dar leccións' de galego socialistas e nacionalistas.

16.03.2010 | 20:47 | | 1 Comentario
43065
O PSdeG cualifica de 'desastre' a Xunta do PP
Manuel Vázquez: 'Feixóo limitouse a deostar o galego'
Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG, no Debate sobre o Estado da Nación Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG, no Debate sobre o Estado da Nación. AGN

O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas, Manuel Vázquez, fixo un repaso área por área da xestión de Alberte Núñez Feixóo no seu primeiro ano de Goberno, para concluír que foi 'un desastre', principalmente no ámbito económico, dada a carencia de estratexias, e no apartado lingüístico, xa que se limitou a 'deostar' o galego e a reconvertelo 'nunha lingua inferior'.

16.03.2010 | 20:26 | | 1 Comentario
43062
Carlos Aymerich, portavoz parlamentar do BNG
'O PP está só en compañía dos amigos de Rosa Díez'
Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento

Agresividade contra a lingua e pasividade na loita contra a crise. Estas son as dúas acusacións que centraron as críticas do voceiro do BNG, Carlos Aymerich, na primeira sesión do Debate de Estado de Autonomía.

16.03.2010 | 18:02 | | 8 Comentarios
43059
Seminario no CCG
Lingüistas consideran que o plurilingüismo ten que partir do galego
Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura Galega Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura Galega. AGN

Filólogos e lingüistas de todo o Estado advertiron hoxe de que o 'equilibrio absoluto' entre galego e castelán exposto no anteproxecto de decreto do plurilingüismo da Xunta non implica un 'trato igualitario', a partir do postulado erróneo de que parten da mesma situación.

16.03.2010 | 17:06 | | 10 Comentarios
43056
Acuicultura
O BNG denuncia en Bruxelas a piscifactoría de Touriñán
Ana MIranda, representante do BNG en Bruxelas Ana MIranda, representante do BNG en Bruxelas. BNG

A representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, vén de presentar unha denuncia perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo contra a posíbel construción dunha macropiscifactoría de Pescanova en Cabo Touriñán, 'un proxecto que apadriña o Partido Popular dende a Xunta de Galiza'.

16.03.2010 | 15:15 | | 3 Comentarios
43046
Debate sobre Política Xeral
Ruíz Rivas destaca a 'volta á realidade' do país
Manuel Ruíz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG Manuel Ruíz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG. Pepe Ferrín/AGN

O portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, salienta que o discurso do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, supuxo a 'volta á realidade' do país, pero usando tamén a linguaxe do 'inconformismo', e subliña como mostra da xestión do Executivo a proposta de 'Once novas leis, 20 reformas lexislativas e 25 plans' para os sectores estratéxicos galegos.

16.03.2010 | 13:12 | | 5 Comentarios
43045
Debate sobre Política Xeral
O PSdeG critica a 'parálise da Xunta' fronte á crise
Xaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdeG Xaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdeG. Pepe Ferrín/AGN

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, critica a 'parálise' do Goberno galego durante o último ano, no que foi 'incapaz' de pór en marcha 'a máis mínima medida' para combater a crise e os efectos do desemprego. Ademais, lamenta que o seu labor se cinguiu ao deseño de 'magnos plans' que acabarán 'nun caixón en poucos meses'.

16.03.2010 | 13:07
43043
Debate sobre Política Xeral
Aymerich: 'Feixóo ocultou as promesas que non cumpriu'
Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG. Pepe Ferrín/AGN

O portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, considera que o mandatario autonómico, Alberte Núñez Feixóo, 'confundiu' o primeiro Debate do Estado da Autonomía co de 'investidura'. 'Segue dando plans para esconder as promesas que non cumpriu'.

16.03.2010 | 12:53
43042
DISCURSO DO ESTADO DA AUTONOMÍA
Feixóo anuncia un novo concurso eólico
Alberte Núñez Feixóo durante a súa intervención Alberte Núñez Feixóo durante a súa intervención. Pepe Ferrín/AGN

Inminente concurso eólico e nova marca para o leite de calidade son algunhas das medidas concretas contra a crise no primeiro discurso de Alberte Núñez Feixóo como presidente nun Debate de Política Xeral.

16.03.2010 | 12:29 | | 3 Comentarios
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
664 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río