PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
43134
Polas identificacións erróneas
O Supremo confirma as condenas polo Yak-42
Un oficial das forzas armadas turcas inspecciona os restos do sinistro do Yak-42 Un oficial das forzas armadas turcas inspecciona os restos do sinistro do Yak-42. Fatih Saribas/Reuters

O Tribunal Supremo confirmou hoxe a condena de tres anos de prisión imposta ao xeneral de Sanidade Vicente Navarro e de 18 meses de cárcere ao comandante José Ramírez e ao capital Miguel Saez, por falsear as identificacións de 30 dos 62 militares mortos na o accidente do Yak-42 en Turquía.

17.03.2010 | 15:36
43060
Para acelerar a reestruturación do sistema
O PP forza o Congreso a votar sobre as caixas de aforros
Sesión no Congreso Sesión no Congreso

O Partido Popular (PP) forzará unha votación no Congreso para urxir o Goberno a que 'impulse' o proceso de reordenación das caixas de aforro a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) ante a restrición de acceso ao crédito de familias e empresas e os 'problemas de solvencia' aos que está exposto o sector pola súa vinculación co sector inmobiliario.

17.03.2010 | 07:34
43064
Para xeneralizar os idiomas cooficiais
O Senado atrasa até abril o debate sobre a lingua
Congreso dos Deputados Congreso dos Deputados. XC

O Senado deixou para finais de abril o debate sobre a admisión a trámite dunha iniciativa presentada por senadores de todos os grupos salvo do PSOE e do PP para xeneralizar o uso das linguas autonómicas na Cámara. Será no Pleno do día 28.

16.03.2010 | 19:06 | | 1 Comentario
43055
Non serán 'coartada' do PSOE fronte ao PP
BNG, ERC e EU-ICV reiteran o seu rexeitamento á suba do IVE
Congreso dos Deputados Congreso dos Deputados. Congreso

Esquerra Republicana (ERC), Izquierda Unida e Iniciativa per Catalunya (ICV) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) reiteraron hoxe no Congreso o seu rexeitamento á subida do IVE programada a partir do 1 de xullo, e avisaron o Goberno que non serán a súa coartada fronte ao PP se non hai un cambio global da política fiscal que inclúa máis impostos para as rendas altas.

16.03.2010 | 15:09
42961
Batalla contra a suba do IVE
De la Vega chama ‘desleal’ a Aguirre
Mª Teresa Fernández De la Vega, vicepresidenta primeira do Goberno central Mª Teresa Fernández De la Vega, vicepresidenta primeira do Goberno central

A vicepresidenta primeira do Goberno do Estado, María Teresa Fernández de la Vega, cualificou á presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, de ‘desleal’. A voceira do Goberno socialista advertiu que o Executivo estatal ‘garantirá’ o cumprimento da subida do IVE a partir do mes de xullo.

13.03.2010 | 12:19
42881
Dereitos humanos
Os EE UU denuncian abusos policiais en España
Inmigrantes e policía Inmigrantes e policía. Sergio Perez/Reuters

Segundo o informe anual do Departamento de Estado dos Estados Unidos, España respecta os dereitos humanos aínda que durante 2009 houbo algunhas denuncias de abusos por parte das forzas de seguridade, malos tratos de nenos inmigrantes en centros de detención e violencia social contra minorías.

12.03.2010 | 11:29 | | 3 Comentarios
42766
'Síntome a gusto volvendo a Galiza'
Rosa Díez: 'Os que máis ruído fixeron tiñan afán de notoriedade'
Rosa Díez, líder de UPyD Rosa Díez, líder de UPyD. Congreso

A deputada e presidenta de UPyD, Rosa Díez, asegura que 'os que máis ruído' fixeron polo seu uso pexorativo do xentilicio 'galego' foi 'no seu afán de notoriedade' porque 'non tiñan ningún argumento'.

10.03.2010 | 18:38 | | 10 Comentarios
42620
Moratinos anuncia que o activará o protocolo de crise
O buque secuestrado é queniano e ten capitán galego
O ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos O ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos. MAEC

Tras a aclaración de que o atuneiro secuestrado en Kenia, o 'Sakoba', non é dunha armadora galega senón queniana, o ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, anunciou hoxe que o Goberno central activará o protocolo de crise que se estabeleceu a partir do secuestro do 'Alakrana' tras coñecerse que o 'Sakoba' foi apresado por piratas somalís no Índico. O capitán do buque é un portugués nacionalizado español con residencia en Vigo.

09.03.2010 | 15:34
42602
CiU, PNV, ERC e BNG barallan apoiala
O PP propón baixar o IVE das obras domésticas
Casa reformada por Construcións Rústicas Casa reformada por Construcións Rústicas

Os representantes parlamentarios de CiU, PNV, ERC e BNG barallan apoiar a proposición de lei que o PP defenderá hoxe ante o Pleno do Congreso para aplicar o tipo reducido do 8% do IVE a todas as obras de albanelaría, fontanaría, pintura, electricidade e carpintaría que se leven a cabo en vivendas, xa que, ao seu xuízo, vai na mesma liña das medidas que o Goberno lles formulou a pasada semana para buscar acordos económicos.

09.03.2010 | 09:23
42528
INCIDENTES NA UNAM
Solidariedade do PP con Rosa Díez ao fío dun 'ataque'
Rosa Díez na UNAM/. lavozdebarcelona

O PPdeG solidarizouse hoxe coa voceira de UPyD, Rosa Díez, e condenou 'enerxicamente' o ataque que sufriu onte, 'por parte dun grupo de independentistas', na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), cando se dispoñía a pronunciar unha conferencia.

06.03.2010 | 19:28 | | 6 Comentarios
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
183 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río