A CIG deixou a decisión de suspender temporalmente a convocatoria de folga do sector metalúrxico na provincia de Pontevedra en mans de CC OO e celebrará asembleas en cada centro de traballo á primeira hora do luns, onde se analizará a situación en función da postura que adopte Comisións.
As Bolsas europeas rexistraron mínimos movementos na última sesión semanal debido ao peche das estadounidenses por ser data festiva. Dos parqués europeos o que máis subiu foi precisamente o de Madrid, onde o seu principal indicador subiu case sete décimas porcentuais para situarse outra vez por enriba dos 9.700 puntos.
O Consello de Ministros aprobou este venres o Plan Moto-E, que contempla axudas para a adquisición de motocicletas e ciclomotores por un importe máximo de 750 euros, e está dotado cun orzamento de nove millóns de euros.
A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) asegura que entre o 30 e o 40 por cento dos máis de 20.000 empregos do sector metalúrxico da provincia están en perigo a consecuencia da folga, que hoxe cumpre 23 xornadas.
Uns mil traballadores do sector do metal intentan acceder ao interior do recinto portuario de Marín e protestan lanzando porcas e petardos ante a sede de Factoría Naval -estaleiro no que se constrúen iates de luxo- e contra os efectivos policiais despregados no lugar.
O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) descendeu no mes de maio un 21,9 por cento respecto ao mesmo mes do ano pasado, co que Galiza se sitúa como a oitava comunidade na que o retroceso foi maior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
As mobilizacións do sector metalúrxico da provincia de Pontevedra trasladaranse hoxe á zona de Marín e da capital, onde a CIG denuncia a existencia de ‘fugas’ no marco do conflito e a falta de consolidación do mesmo, aínda que a xornada estará marcada -por segundo día consecutivo- pola división sindical.
O datos de desemprego dos EE.UU. foron determinantes no afundimento das bolsas, entre as que tampouco se salvou a de Madrid. O Ibex-35 cedeu máis do 2,6 por cento, equivalentes a 263 enteiros, deixando o índice bolsista español en 9.643 puntos.
A afiliación á Seguridade Social en Galiza aumentou en 2.515 persoas en xuño (0,24 por cento) respecto de maio, aínda que diminuíu en 47.916 cotizantes (-4,43 por cento) en relación ao mesmo mes do ano anterior. A cifra de beneficiarios do sistema público en Galiza situouse deste xeito en 1.034.066, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
O número de parados inscritos nas oficinas do Instituto Nacional de Emprego (Inem) en Galiza diminuíu por terceiro mes consecutivo en xuño ao rexistrarse 7.278 desempregados menos, cifra un 3,51 por cento inferior á de maio. O total de persoas sen emprego situouse no país en 200.240, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
Descargar Tarifas