O contrabaixista Baldo Martínez, un dos músicos máis representativos do jazz contemporáneo feito na Península, dirixe por quinto ano consecutivo o festival de jazz Imaxina Sons, que se celebra en Vigo até o 5 de xullo, e que lle abre unha fiestra as correntes máis innovadoras que se están a producir no jazz europeo.
A experiencia botou a andar en Cuba, o ano pasado, con motivo da Feira Internacional do Libro da Habana. Agora, a música galega e cubana volven xuntar as súas sonoridades desta banda do Atlántico. Falamos con Ramom Pinheiro (Chito), o investigador que iniciou o proxecto.
No Obradoiro de Gaitas Seivane, que a viu nacer como artista, presentou 'Os soños que volven', acompañada polas 'pandereteiras de Ardebullo', Nucha e Mucha.
Hoxe e mañá danse cita un total de 15 voces do rap galego e portugués na beira do Douro que este verán será capital cultural do Eixo Atlántico no 2009.
Co lema Crea(c)ción en Aberto, a segunda edición do Festival une o espírito de creación innovadora á aspiración de ser un festival aberto á cidadanía, aos axentes sociais e culturais da cidade.
O Museo de Pontevedra acolleu onte a presentación do libro 'Petróglifos de Galiza' (Edicións A Nosa Terra), un volume que repasa a través das fotografías de Xulio Gil e o estudo de Antonio de la Peña Santos o máis destacado deste apartado do patrimonio histórico galego.
Logo de coñecermos a traxectoria de Títeres Viravolta, que dende a súa fundación, no 82, loitaron pola recuperación do teatro tradicional de títeres en Galiza, achegámonos ao Museo da Marioneta de Lalín, nacido precisamente a partir dunha mostra conmemorativa do traballo de Viravolta, no Museo Municipal de Lalín.
Este xoves inaugúrase unha exposición histórica de 164 imaxes da etnógrafa e fotógrafa tomadas entre 1924 e 1926, na sede lucense da Fundación Caixa Galicia.
Unha das citas teatrais con máis historia do país, a Mostra de Teatro Cómico e Festivo chega a súa vixésimo sexta edición ofrecendo un amplo panorama teatro de comedia.
Esta é unha viaxe de volta: logo da convivencia de grupos e artistas de Galiza e Cuba nos xardíns da Tropical, na Habana (que podemos ver no vídeo) as dúas culturas volven irmandarse na outra banda do Atlántico.
Descargar Tarifas