No debate de Política Xeral o presidente José Luis Rodríguez Zapatero anunciou unha medida polémica na rede antes xa de ser pública: a achega de portátiles a todos os alumnos de primaria. Dita bronca dixital tiña a súa orixe na sospeita non desmentida de que os equipos terían software privativo preinstalado. Porén, parece que serán finalmente as comunidades autónomas quen decidan o software a empregar.
Levamos anos escoitando aos políticos falar sobre a importancia das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o avance da economía e a sociedade. Non é causalidade, a inversión en TIC foi responsable dun elevado porcentaxe do aumento do PIB da UE nos últimos anos. Porén, a súa importancia no se reflicte no organigrama dos organismos públicos: ¿sabemos que foi ou quen será o responsable máximo das TIC na Xunta?
Partindo da experiencia francesa, a 1 de TVE estreara en 2007 o programa 'Tengo una pregunta para usted', un fito de modernidade e nova fórmula de participación cidadá na democracia española, onde 100 cidadáns podían facerlle unha pregunta ao líder político invitado. A Obama formuláronlle máis de 76.000 preguntas na segunda rolda de "Open for Questions". Como é posíbel tal diferenza?
Descargar Tarifas