PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010

BLOG HELENA DOMÍNGUEZ
40802
Thomas More en catalán
Reivindicación da utopía

O 19 de xaneiro acudín á presentación dunha nova edición en catalán de 'Utopia', un clásico do pensamento filosófico e político, coa intención de extraer algunha cousa interesante coa que resucitar este maltreito blog. O evento non saíu como eu quería, pero quedei satisfeita de ter aprendido algo novo, e de ter fotografado a Pasqual Maragall.

Maragall, na presentación do libro Utopia Maragall, na presentación do libro Utopia. H.D.G.
Máis
Comentarios  6
37541
Visita ao Centro Galego
Feixóo respóndelles aos galegos de Cataluña

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e o secretario de Emigración, Santiago Camba, recibiron o pasado sábado no Centro Galego de Barcelona un máster acelerado de xeografía humana da comunidade galega de Cataluña. Os dous mandatarios atopábanse na cidade condal con motivo da celebración da Convención do PP, e aínda que a visita ao centro estaba acordada, de seguro que non agardaban ter que dar tantas explicacións.

Luís Lamas, Núñez Feixóo, Xosé Méndez e Santiago Camba Luís Lamas, Núñez Feixóo, Xosé Méndez e Santiago Camba. H.D.
Máis
Comentarios  8
36746
Quen é quen nos Galegos de Catalunya

O ruxe-ruxe destes días na colectividade galega de Barcelona é a detención, no marco da operación Pretoria, do concelleiro de Urbanismo de Santa Coloma de Gramenet, Manuel Dobarco Touriño, acusado de corrupción urbanística. Dobarco, secretario da entidade Airiños da Nosa Galicia, participaba activamente no tecido asociativo galaico, aínda que dunha forma silandeira e afastada das cámaras e dos fastos. Á súa beira, á calor do poder económico e das influencias políticas, foron medrando outros dirixentes de entidades galegas. Para non perderse no crebacabezas do asociacionismo galego en Cataluña, a continuación, presento algúns dos principais actores.

Máis
Comentarios  9
35885
Tiberio Ávila
BCN dedícalle uns xardíns a un galego

A cidade de Barcelona ten por costume bautizar prazas e rúas en homenaxe ás persoas queridas e admiradas. Dende o pasado 3 de outubro, o vianés Tiberio Ávila, un dos fundadores do Centro Galego, dálle nome a uns xardinciños de Nou Barris.

O alcalde Jordi Hereu (á dereita), durante a inauguración dos xardíns Tiberio Ávila O alcalde Jordi Hereu (á dereita), durante a inauguración dos xardíns Tiberio Ávila. H.D.
Máis
Comentarios  4
35110
Ai Dolors

Esta semana descúbrolles a Manel, un novo grupo musical de Barcelona.

Máis
Comentarios  3
34504
Caracois

Xa sei que non me botaron a faltar, non agardaba menos. Aquí estou de novo, sentindo como se comezase unha nova etapa de blogueira, disposta, coma sempre, a falarlles de calquera cousa co pretexto de Barcelona e coa Arousa polo medio. Logo, sae o que sae.

Caracois Caracois. H.D.
Máis
Comentarios  5
32326
Exvotos mariñeiros

Das numerosas instalacións museísticas que hai en Barcelona, o Museo Marítimo é quizais un dos máis descoñecidos. Se lles gusta a antropoloxía mariñeira, recoméndolles a visita, e que se fixen, especialmente, na colección de exvotos.

Exvoto dun mariñeiro catalán do século XVIII Exvoto dun mariñeiro catalán do século XVIII
Máis
Comentarios  1
32007
Efecto souvenir

Unha mostra reúne en Barcelona unha selección de souvenirs de todo o mundo para reflexionar sobre as funcións e implicacións deste tipo de obxectos turísticos. O que estea libre de souvenirs, que tire a primeira pedra...

Chaveiro Guantánamo, para cando o centro de internamento se convirta en museo Chaveiro Guantánamo, para cando o centro de internamento se convirta en museo
30863
Iates

Como sei que a opinión pública galega está interesada no mundo dos iates, esta semana de 'rentrée' ofrézolles unha historia de grandes barcos de luxo.

O Rising Sun, no porto de Barcelona O Rising Sun, no porto de Barcelona
Máis
Comentarios  1
29211
Poesía

O espectáculo poético que María Lado e Mig Seoane ofreceron en Barcelona sérveme de escusa para explicarlles a miña conflitiva relación coa poesía.

María Lado, recitando en Barcelona María Lado, recitando en Barcelona
Máis
Comentarios  5
1
2 3 4 5 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río