PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010

BLOG DULCE SUEVIA
35120
Viva o lerchismo!
Abrindo portas, pechando fiestras

Somos unhas lerchas, e eu máis. Dende a cociña do piso de Balta, que vai dar a un patio, podo espiar, grazas ao reflexo dos cristais, o veciño de dous pisos máis abaixo. O home está coma un queixo e adícase a pasear en calzóns pola cociña.

Observador indiscreto Observador indiscreto
Máis
Comentarios  1
34734
O instinto maternal da planta carnívora

Encántame iso das plantas carnívoras. Tráeme a imaxe dunha moza incríbel botándolle redes encima a todo home que se lle achegue. Penso na cantante de 'The gossip', Beth Ditto, inmensa, branca e agresiva, devorando os seus reféns (ás súas reféns, máis ben) coma o Saturno de Goya, coma se fosen hamburguesas con moito ketchup. Ahh, sen dúbida unha deusa á que adorar...

Beth Ditto, cantante en The Gossip Beth Ditto, cantante en The Gossip
Máis
Comentarios  1
34407
Tola por Telecinco
A fin do mundo, ou 'Había unha vez un circo'

Agora temos unha movida do copón coa Belén Estéban que aparece até na dorsal dos cartóns de leite, e a Tárrega a dicir que é unha cortina de fume para tapar a crise. Eu pensaba que para iso machacaban co da gripe A, pero estaba claro que non era un tema suficientemente alarmista coma o de que Andreíta deixe de recibir reprimendas cando non come o polo.

Trailer Distrito 9
Máis
Comentarios  3
34050
Traballo caca

O sol brilla. Fai unha calor de morte. Por fin deixou de chover e dan unhas ganas de pasar o día enteiro na praia que nin che conto. Ah! Que estamos en setembro e tedes que voltar ao traballo? Rematou o de pasar a tarde vendo o 'Sálvame'? Ben, a min aínda me quedan catro meses de vacacións XD.

Bolsa caca
Máis
Comentarios  4
32740
Pectorais que se saen do plano.

Hoxe despídome de vos por un mes con certa amargura. Pero reconfórtome ao pensar en sobarlle os peitos a José María Aznar! Eses abdominais torneados e eses brazos brutais están xa no arquivo de calentóns do meu cerebro. Ai, meu señor ex presidente. Cando o chamarán para facerlle un anuncio tipo Cool Water, saíndo do mar todo molladiño, a sacudir a meleniña de sota de bastos e sorber o mostacho salgado con algunha alguiña atrapada nel... Vaia, non sei a que me vén este sotaque de diminutivos ao Ned Flanders..

Ansar sen a crise (dos cincuenta) Ansar sen a crise (dos cincuenta)
Máis
Comentarios  3
32373
Dúas linguas e un xeado de chocolate con nata

Podería falar de idiomas pero desta vez vai sobre o músculo da boca. Que hai de malo en compartir unha sobremesa fría? E cando non está fría?

Máis
Comentarios  1
32038
'Coitus' imposíbel de 'interrupturse'

As rutinas dos veciños son moi importantes á hora de ter unha boa convivencia. Se un ten que madrugar, e os veciños dedícanse a cortellarse ás tres da mañá é moi posíbel que xurdan encontronazos. Aínda que coma ben di o refraneiro, se non podes con eles, únete...

Dous Palmípedes. Dous Palmípedes.. L.A.
Máis
Comentarios  2
31684
Crónica rosa. Caendo por segunda vez

Seica estamos en verán. É o malo de non traballar: non tes vacacións. O tempo pasa lento, enganchas as garimbas coa cama nun bucle infindo, e coma o clima non é que cambie demasiado, a estación parece sempre a mesma. Que dura a vida de ociosa! Que tedio! Cando traballaba sabía sempre en que día andaba e canto quedaba para o festivo seguinte... Outra cousa: pretendía ser irónica.

A cantante de Krakovia A cantante de Krakovia
31068
O 'Mysterio' de Michael Jackson

A ninguén lle resulta sospeitoso que Ramoncín desapareza de Operación Triunfo coincidindo coa morte de Michael Jackson? Eu xa non dubidaba dos seus pactos co diaño para reter a eterna xuventude, pero seica fixeron tan boas migas que o avisou para saír pitando cara a 'Wonderful Landa' ou como se chame, a ver se pilla cuarto e metade dos dereitos das cancións dos Beatles, Elvis ou o propio Michael, e seguir enchendo as arcas da SGAE...

O do Mystery é un misterio.. O do Mystery é un misterio..
Máis
Comentarios  3
30729
Resaca morriñenta de San Xoán

Deixade que me recree na noite galega que me toca a fibra. Panxón, Mogor, A Coruña... Quizais esta última cidade é a que a celebra con máis ímpeto. Todas as idades concéntranse no areal. Quéimase de todo nun atentado indiscriminado contra a praia. Pero todos saltan xuntos, e até certo punto paga a pena o mal que fai.

Máis
Comentarios  3
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río