O entusiasmo de Sesé e Xacobe fixo que este barco non caese no esquecemento e volvese a navegar polas costas galegas. O Hidria II, totalmente restaurado, lémbranos tempos pasados onde a única forma de navegar era a vapor.
Despois de lanzar en 2005 o seu sorprendente 'Galician Chimpanzee', o grupo Galegoz inicia unha xira de concertos para presentar o seu último traballo, Viñeron da Galiza interior, o máis electrónico e conceptual da súa traxectoria.
ANT TV viaxou en dorna polas augas da ría de Muros e Noia co gallo da novena edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais.
Zënzar, unha das bandas veteranas do rock en galego, presenta en directo o seu novo disco 'A Tribu', cando se cumpren 20 anos da súa formación. Será no XVI Festival de Cerceda, no que tamén se escoitarán ao vivo os temas que compoñen o novo traballo de Machina
Falamos con Manuel Xende, gaiteiro de Queixas (Cerceda). Forma parte do cuarteto que leva o mesmo nome que a parroquia, e lembra como se ía de 'tascas', como botaban unha semana actuando por fóra, e como a xente dicía que eran os que mellor tocaban.
Despois de estar con el nos obradoiros do certame A Coruña Son, ANT TV parou un migallo con Santiago Auserón para falar de música, de lingua.
Rematou o Entroido, pero continúan as festas en toda Galiza, especialmente as gastronómicas: a fin de semana pasada tivo lugar a Festa da Filloa da Pedra da Baña, e alí estivo ANT TV para documentar o proceso.
ANT TV saíu á rúa para celebrar o Día Internacional da Muller, unha conmemoración que fai case un século de vida dende que a Internacional Socialista decidiu celebrala en Copenhague en 1910. Das moitas mobilizacións convocadas en toda Galiza, estivemos na de Compostela para seguir de preto a xornada.
O gran gañador do 1M, tras Núñez Feixóo. Alfonso Rueda é o cerebro da campaña conservadora e man dereita do próximo presidente da Xunta Nesta entrevista debulla os plans do PP para as Galescolas, a lingua, a fusión de varias consellerías e mesmo para a reforma do Estatuto.
ANT TV achegouse a unha nova edición dos obradoiros d'A Coruña Son, un certame que lles permite a dez novas agrupacións ou solistas preparar a súa música con Santiago Auserón. Falamos con el, con Tati Mancebo, directora do certame, e con algunhas das persoas participantes.
Descargar Tarifas