PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
42458
Nubosidade variábel
Anxos García Fonte: 'Ábrovos unha xanela da miña casa interior'
Anxos García Fonte Anxos García Fonte

Detrás do blog Nubosidade Variábel está Suroeste, que en realidade é Anxos García Fonte. Esta docente e investigadora venceu a timidez e lanzouse de cheo a percorrer as múltiplas posibilidades que lle ofrece a rede creando o seu propio blog. Catro anos e medio despois de dar o paso confesa que se sorprende ao reler as súas coitas e asegura que o seu é un blog que continuará mentres teña cousas que contar.

05.03.2010 | 07:30
41714
Cabaret Voltaire
Jaureguizar: 'O blog é un medio de comunicación sincero'
Jaureguizar Jaureguizar. Pepe Álvez/AGN

'Cabaret Voltaire' é o blog no que o xornalista e escritor Santiago Jaureguizar dálle rédea solta á súa visión sobre a cultura galega e europea. Este espazo promete espectáculo diario porque a cultura, segundo o seu autor, 'pode analizarse cunha visión humorística'.

19.02.2010 | 07:30 | | 1 Comentario
41132
Xosefina Gómez e Ana Martínez
O Trasno Viaxeiro: 'Todos os blogs teñen algo de desafogo'
Ana Martínez, á esquerda, e Josefina Gómez, son 'O Trasno Viaxeiro' Ana Martínez, á esquerda, e Josefina Gómez, son 'O Trasno Viaxeiro'

Xosefina Gómez e Ana Matínez son O Trasno Viaxeiro, unha libraría de Cacheiras (Teo) que a través da súa web dan a coñecer novidades editoriais, actos literarios e desafogos varios, así como unha completa listaxe de enlaces con outros autores, editoriais e sitios literarios. Xosefina é a que se encarga en maior parte de actualizar e lle dar vida a este blog literario.

05.02.2010 | 07:30
40492
'mmm'
Estíbaliz Espinosa: 'Os blogs son un xeito de estar sen estar'
Autorretrato de Estíbaliz Espinosa. Autorretrato de Estíbaliz Espinosa.. E. Espinosa

A escritora Estíbaliz Espinosa ten no seu blog 'mmm' un espazo para a visión da realidade cunha perspectiva literaria que lle permite conectar con outros autores e outras realidades. Detrás da onomatopea que lle da nome este blog a autora ten un laboratorio de textos cos que nun futuro pretende publicar un libro.

22.01.2010 | 07:15
39799
Fran Alonso
'Cabrafanada é un domicilio virtual'
Fran Alonso Fran Alonso

Detrás de 'Cabrafanada' está o editor e escritor Fran Alonso. Neste seu espazo, definido como 'unha arañeira complexa' hai 5 blogs, 4 canais Youtube, 1 páxina de Facebook, 9 de Twitter, 1 álbum de Picassa, e outro de Fotolog, 2 páxinas de Googles Pages e 2 de Googles Sites. Con todas estas canles o autor proponlles aos seus lectores un novo tipo de web 'máis participativo e máis actualizado onde a información rula constantemente'.

08.01.2010 | 07:15
38601
Proxecto-Q
Daniel Landesa: 'O blog é unha forma moi poética e narrativa de expresión'

Detrás de Proxecto-Q está Daniel Landesa, filólogo de Lingua Galega que atopou no blog un novo xeito de linguaxe e unha maneira doada e activa de volver á creación literaria. 'Proxecto Q é un espazo modesto, pouco ambicioso no que volco cousas e a xente as le. Sérveme para coñecer outras persoas e volver ao rego, é dicir, a escribir'.

11.12.2009 | 07:00 | | 2 Comentarios
38107
Tati Mancebo
Tati Mancebo: 'O libro dixital está a espertar un grande interese'
Tati Mancebo Tati Mancebo

O de Tati Mancebo é un blog de referencia en Galiza sobre a literatura e libro dixital con información puntual de todas as novidades a nivel planetario. Aínda que funciona dende hai oito meses conta cun grupo fiel de seguidores que agradecen a información puntual sobre a revolución que xa se empeza a vivir no mercado editorial.

27.11.2009 | 07:09
37415
Helena Robledo e Bieito Lorenzo
'Espertar é unha mestura de páxina web e blog'
Bieito Lorenzo e Helena Robledo. Bieito Lorenzo e Helena Robledo.

Helena Robledo e Bieito Lorenzo forman o tándem que da vida a 'Espertar'. Trátase dun blog no que ela colga as súas fotografías experimentais e el se ocupa da parte técnica.

13.11.2009 | 08:00
36594
Rei de Copas
Xurxo Sierra Veloso: 'O mellor é poder ler as cousas dos demais'
Xurxo Sierra Veloso Xurxo Sierra Veloso. Paco Vilabarros

Detrás do 'Rei de Copas' está Xurxo Sierra Veloso, un escritor en galego ('Os ollos do Rei de Copas' é o título dun dos seus libros) que traballa dende hai unha década na Escola de Maxisterio de Zamora. A Autovía A-52 é a súa verdadeira patria e a internet unha válvula de escape e encontro de ideas.

30.10.2009 | 07:56
35851
Calidonia
Carlos Neira Cortizas: 'O blog dáme liberdade para publicar sen ataduras'
Carlos Neira Carlos Neira

Detrás de Calidonia están as teimas de Carlos Neira. Este espazo, que empezou sendo un diario persoal con vocación poética, tornouse nun lugar no que a política, as novas tecnoloxías e o profesional gañaron terreo. Arestora este blog é imaxe do seu creador, unha persoa polifacética á que lle gusta conversar e disertar sobre temas diversos.

16.10.2009 | 07:00 | | 8 Comentarios
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río