PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010

30085
Misteriosa adxudicación multimillonaria da Xunta a Microsoft
Corrupción tecnolóxica na Xunta

Financiou Microsoft a sucia campaña electoral de Alberto Núñez Feixóo? Por que motivo este político incumpre o seu compromiso para implantar estándares abertos e software libre na Xunta?

Corrupción causada pola financiación dos partidos políticos Corrupción causada pola financiación dos partidos políticos. Ubuntips cc-by-nc
Máis
Comentarios  14
27160
Carta aberta ao presidente do Goberno
EXCEL (lentísimo) Presidente

Chegou o momento. Agora sí, señor Feixóo; agora chegou o momento de cumprir coas promesas eleitorais: esas que asinou, co seu puño e letra, durante a pasada campaña electoral. Implantar estándares abertos e software libre é unha delas.

Feixóo asina un contrato con Galiza Feixóo asina un contrato con Galiza. A Nosa Terra
Máis
Comentarios  27
23760
Votar para promover o software libre
Vota software libre

Todos os inquéritos coinciden: o resultado eleitoral vai depender das persoas que están a decidir entre ir votar ou non e das que, en caso afirmativo, aínda non escolleron qué candidatura apoiar. Que criterio empregar pra decidir? Propoño un moi fiábel: o compromiso real co software libre.

Tux for President Tux for President
Máis
Comentarios  14
23018
Bruxelas, estación central dun traxecto que discorre entre rastas e gravatas
Station Brussel Zentraal

Escribo estas notas transhumantes nalgún lugar desta Europa en construción permanente, seguramente entre Bruxelas e Compostela. Lonxe (estaría tentado de afirmar) de non ser porque mesmo até eiquí chega ruído de botellas esnaquizadas contra vontade de impoñer, pola forza mediática, a existencia dun conflito lingüístico que só á fracasada vontade de negar o carácter nacional de Galiza pode beneficiar cando a poboación da que formo parte ten a ben valorar como unhas das cousas máis positivas a continuidade da política lingüística do fraguismo. Triste cousa esta de pretender ser célula de universalidade cunha grafía que renuncia a ela.

Bandeira de Flandres (Vlaanderen) Bandeira de Flandres (Vlaanderen). Wikipedia.nl
Máis
Comentarios  1
19138
Programas para levar
Que é o software libre (en só 59 segundos)

Paseniño si, pero con firmeza, o software libre vai acadando cada vez máis presenza na sociedade. Resulta natural que esperte o interese da cidadanía e se cadra por iso, para darlle resposta a esa demanda, propóñenme dende o Diario Cultural da nosa Radio Galega o reto de explicar en menos dun minuto qué cousa é que vén sendo esa do software libre. Consciente da capacidade que a radio ten pra chegar a todos os recunchos do país atopeime inmerso na insospeitada aventura de –cronómetro en man– preparar un guión capaz de transmitir a cerna do conceito. Eis eiquí o resultado; xulguen vostedes se o conseguín e noutro caso fagan a súa achega, que as suxestións son sempre benvidas.

Mapa Conceptual das Licenzas do Software Libre Mapa Conceptual das Licenzas do Software Libre. Enrique Estévez Fernandez, OSL/ USC
Máis
Comentarios  4
15487
Un éxito da sociedade
Dez anos navegando en galego

Nestes días puidemos ver publicada a primeira versión oficial do Firefox en galego. Trátase do resultado de máis dez anos de loita e traballo voluntario a prol do noso idioma; un traballo tantas veces ignorado e mesmo desprezado que nunca debería ser un mal momento pra recoñecer ese esforzo colectivo. Parece un momento adecuado pra fazer un breve repaso por esa historia a xeito de homenaxe ás personas que fixeron antes ca min o seu contributo pra chegarmos a este estado de cousas. A todas elas, de parte dun utente calquera: grazas.

Mozilla 72 - Explorer 18 Mozilla 72 - Explorer 18. Chronicle
Máis
Comentarios  1
14730
Nas vésperas do Día Europeo das Línguas
Steiner, Firefox, Galiza

Compre parabenizar os membros do PEN Clube da Galiza por teren logrado tornar evidente –e así neutralizar– unha estratexia que só resulta efectiva en tanto permanece oculta: esa, tan do gusto do centralismo español, consistente en amplificar mensaxes vexatorias e pexorativas contra a nosa cultura tras o parapeto dunha farisaica apoloxia da liberdade de expresión empregada como coarctada pra reproducir –atribuídos a persoa allea– textos que, por causar descreto a quen os suscribe, nunca son asinados como propios.

Máis
Comentarios  3
12644
Diáspora e voto electrónico

Un cuarto de século despois da súa posta en marcha chega á Galiza o voto electrónico e faino, a igual que tantas das innovacións presentes na nosa sociedade, vencellado ás dinámicas próprias da nosa diáspora. Nesta fase previa á súa implantación compre abordar unha reflexión colectiva co obxecto de garantirmos, na medida das nosas posiblidades, a súa adecuación á casuística própria do país.

A primeira máquina de votar A primeira máquina de votar. Congress Online Collection
Máis
Comentarios  2
10498
A Unión Europea aposta polos estándares abertos e o software libre
Do Berlaymont á Tour Madou

Paseniño van desaparecendo as notícias que a semana pasada conseguían traspasar o muro de siléncio imposto nos meios de comunicación audiovisual sobre o proceso de construción da Unión Europea. Non deixa de ser rechamante que a presenza de Europa en titulares e comentários de opinión pareza estar supeditada á mesma premisa que condiciona a presenza de Galiza: a de proxetar un estereotipo negativo que xenere rexeitamento por estar -supostamente- alicerzado en valores antagónicos aos da própria identidade.

Tour Madou Tour Madou. Xesús Manuel Benítez Baleato (Suso Baleato) 2008
10210
Galiza no proceso de construción electrónica da Unión Europea
Tractorada en Bruxelas

Atrás queda o balbordo do Matongué, ise bairro da Bruxelas popular, aberta e cosmopolita que baixo o lema de 'Ponte de Namur en Fete' convoca as celebracións festivas deste solstício de verán. Mais non será o do ciclo solar o único momento cenital ao que asistiremos transeúntes nesta cidade.

Máis
Comentarios  1
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río