PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
43180
Roberto Hermida, biólogo
‘É moi difícil ser afeccionado aos morcegos’
Roberto Hermida, biólogo Roberto Hermida, biólogo

É membro da Asociación Drosera e traballa no Grupo Galego de Ecoloxía e Conservación dos Quirópteros desta entidade, polo que participa na elaboración dun atlas de morcegos. Chámase Roberto Hermida.

20.03.2010 | 08:07
43176
Como sede turística da comarca
Pontevedra abre a Casa da Luz
Casa da Luz, en Pontevedra Casa da Luz, en Pontevedra

O Concello de Pontevedra pon en marcha a Casa da Luz, a nova sede de Terras e de Turismo de Pontevedra, que recentralizará na Praza da Verdura a información turística dos municipios pertencentes á Mancomunidade Terras de Pontevedra. O edificio tamén funcionará como centro de recepción de visitantes.

18.03.2010 | 17:09
43166
Un ano despois da súa entrada en vigor
A Plataforma a prol dos servizos sociais públicos pide o cumprimento da lei
Manifestación contra a privatización dos servizos sociais Manifestación contra a privatización dos servizos sociais. BNG

A Plataforma en defensa do sistema público galego de servizos sociais presentou unha moción para que os grupos a debatan no Parlamento autonómico coa fin de pedirlle á Xunta o 'adecuado cumprimento' da Lei de Servizos Sociais de Galiza, cando se cumpre un ano da súa entrada en vigor.

18.03.2010 | 12:26
43163
PROTESTA ESTE DOMINGO EN COMPOSTELA
'Galiza non Se Vende' súmase á defensa do idioma
Lectura do manifesto de 'Galiza non se Vende' en febreiro de 2008 en Compostela. Flickr:xensboy

Primeira manifestación en Santiago deste colectivo dende que goberna Feixóo. Ademais da protección do medio, a plataforma reivindica a defensa do galego mentres 'a nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas'.

18.03.2010 | 11:01 | | 27 Comentarios
43147
Nun acto cívico no Auditorio de Cambados
A ARMH entregará este venres restos de dous represaliados
Labores de exhumación promovidas pola Asociación da Memoria Histórica no Pino Labores de exhumación promovidas pola Asociación da Memoria Histórica no Pino. Otto/AGN

O vicepresidente da ARMH, Santiago Macías, explicou que a entrega dos restos dos dous mozos represaliados servirá para 'homenaxear' os dous finados, Castor Cordal, de 27 anos, electricista da CNT casado e sen fillos, e Ramón Barreiro, de 19, membro dunha familia de tradición republicana.

17.03.2010 | 18:18
43053
Xerente de Ben Boa
Paco Teira: 'A etiquetaxe en galego asóciase a produtos de calidade'
Paco Teira, á esquerda, e Rubén Brión, socios de Ben Boa Paco Teira, á esquerda, e Rubén Brión, socios de Ben Boa. Ben Boa

Ben Boa é unha firma de comida preparada de Vigo que leva funcionando dende o outono do 2009. En seis meses xa colocou os seus pratos baseados na dieta atlántica no comercio tradicional e tendas 'gourmet' galegas. Agora empeza a facerse un oco no madrileño e barcelonés. Paco Teira, xerente e socio de Ben Boa asegura que o galego vende e senta ben.

17.03.2010 | 07:15 | | 10 Comentarios
43031
Na súa campaña do 2010
A ARMH buscará desaparecidos do franquismo en Galiza
Un membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica traballando nunha foxa Un membro da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica traballando nunha foxa. Eloy Alonso/Reuters

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) inicia hoxe na localidade de Retuerta del Bullaque, en Cidade Real, a súa campaña anual de busca de desaparecidos que este ano inclúe Galiza.

16.03.2010 | 10:16 | | 1 Comentario
43025
Convocadas por Queremos Galego
Milleiros de persoas piden a retirada do decreto
Concentración de Queremos Galego o 15 de marzo en Vigo Concentración de Queremos Galego o 15 de marzo en Vigo. Paco Vilabarros

Milleiros de persoas participaron este luns en diversas concentracións simultáneas celebradas en 15 localidades galegas e convocadas pola plataforma Queremos Galego, para protestar contra o proxecto de decreto do plurilingüismo impulsado pola consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

16.03.2010 | 07:54 | | 11 Comentarios
43015
'Dicionario Fraseolóxico do Mar'
A fala do mar, no concurso do facebook
Un pesqueiro Un pesqueiro. CE

Esta semana a gañadora do concurso semanal do facebook desfrutará do 'Dicionario Fraseolóxico do Mar', de Paco Rivas, editado por A Nosa Terra. Unha forma diferente de aprehender a cultura atlántica.

15.03.2010 | 18:24
42995
Os caldos da terra acadaron sete galardóns
Os viños galegos triunfan no Premio Estatal da Prensa enolóxica
 Foto de familia dos asistentes á entrega dos I Premios Estatais de Prensa do Viño Foto de familia dos asistentes á entrega dos I Premios Estatais de Prensa do Viño. C.R.D.O. Ribeiro

A pasada fin de semana o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro funcionou como anfitrión na entrega dos Premios Estatais da Prensa do Viño 2009. O Mosteiro de San Clodio foi o emprazamento no que se desenvolveu o acto no que os viños galegos acadaron sete galardóns.

15.03.2010 | 10:57
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
214 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río