A Nosa Terra Diario ten 300 seguidores no twitter. Nove meses despois de empezar a aproveitar a rede social de microblogueo para difundir máis rapidamente as principais noticias do día.
Eganet, a patronal galega das novas tecnoloxías, amplía a súa base de empresas con catro novas incorporacións: MIP Soluciones en Tecnología e Scio Soft (Neo Comunicación y Comunicaciones), as dúas con sede na Coruña; a pontevedresa Buenas Ideas en Acción; e A navalla suíza, instalada no Milladoiro, no concello de Ames.
O Consello de Contas investigou dúas firmas de Antonio Agasar, apoderado de Plexus, a empresa que gañou a polémica adxudicación para renovar a web do Xacobeo. Unha renovación que non está operativa, malia que o prazo legal para entregala rematou hai case dous meses.
A cibersociedade galega pode dividirse en dúas. Os internautas que gastan bromas o día 1 de abril, como se fai en Portugal, ou o 28 de decembro, como na cultura hispana.
Numerosos internautas mostraron o seu apoio ao manifesto 'En defensa dos dereitos fundamentais na Internet', o primeiro texto publicado na internet por xornalistas, bloggers e internautas para criticar os cambios no Anteproxecto de Lei de Economía Sostíbel.
A operadora galega R está a subir a velocidade de descarga dalgunhas das súas conexións. Ademais a firma controlada por Caixanova tamén mellora a velocidade de subida moi considerablemente.
O segundo estudio sobre banca electrónica elaborado pola consultora de estratexia e mercadotecnia online Multiplica situou ao servizo de Internet de Caixanova no quinto mellor posto a escala estatal, segundo informou a caixa a través dun comunicado.
Os premios Eganet, os máis importantes en Galiza adicados ás novas tecnoloxías, entréganse mañá en Santiago. Nove categorías e un total de 36 candidatos. A empresa encargado do desenvolvemento informático de A Nosa Terra Diario, Opsou, candidata na área de Mellor comunicación web.
A avaría dunhas seis horas deixou sen Internet e correo a oficinas e aulas públicas por culpa dunha 'xeración de tráfico incontrolado na rede'. É a segunda vez en 15 días que o portal do Goberno Galego cáese, despois do seu redeseño.
'Protexer a propiedade intelectual fronte á piratería en Internet'. Ese é o obxectivo que persegue o Goberno na nova Lei de Economía Sostible na que introduciu modificacións que afectan directamente á Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI) e A Lei de Propiedade Intelectual (LPI).
Descargar Tarifas