O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, remitiulle unha carta ao xefe do Executivo central, José Luís Rodríguez Zapatero, para solicitarlle unha reunión ‘o máis axiña posíbel’ co obxectivo de desbloquear o diálogo sobre a Lei de Caixas galega e solucionar así ‘un asunto de vital importancia’ para Galiza.
A Xunta disolverá a sociedade xestora do Banco de Terras, Bantegal, e a Sociedade de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco), pero manterá o Banco de Terras para dinamizar a mobilidade dos terreos rústicos ou con capacidade agraria.
A Federación Galega de Redeiras Artesás 'O Peirao' iniciou hai semanas a campaña 'SOS Redeiras de Galicia' para loitar contra as redes ilegais de traballadoras e traballadores no sector. A vicepresidenta colectivo, Carme Chamorro, explica que a implicación directa e efectiva da Administración nesta problemática laboral é indispensábel para dignificar un traballo e oficio que na súa versión legal está condenado á desaparición.
O principal indicador da Bolsa de Madrid, o Ibex-35, cedeu nesta sesión un 0,84 por cento, en consonancia cos restantes mercados europeos que tamén recolleron beneficios.
O sector servizos acelerou a caída da súa cifra de negocios no primeiro mes do ano, no que facturou en Galiza un 5,1% menos que no mesmo mes do ano anterior; mentres que a redución no emprego foi do 1,6%, segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
O Congreso dos Deputados debaterá e votará na sesión plenaria da próxima semana unha moción do BNG na que a formación nacionalista lle reclama ao Goberno central a retirada do recurso de inconstitucionalidade interposto contra a Lei de Caixas galega.
O galego Xoán Ramón Quintás presentou este mércores a súa dimisión ante o consello de administración da Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA). Será substituído no cargo, de xeito interino, por Xosé Antonio Olavarrieta, director xeral da patronal das caixas.
O presidente da Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA), Xoan Ramón Quintás, presentou a súa dimisión ante o consello de administración da patronal.
O principal indicador da Bolsa de Madrid, o Ibex-35, seguiu na senda alcista na sesión de hoxe tras gañar case un punto porcentual, situándose de novo por enriba dos 11.100 puntos. No resto de Europa rexistráronse uns resultados semellantes aos de mercado madrileño.
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Economía e Facenda, Helena Salgado, asegurou no Congreso dos Deputados que, para ver interferencias no proceso de fusións de caixas de aforros 'non hai que mirar ao Goberno de España, senón á Xunta'.
Descargar Tarifas