A compañía Losquequedan elabora unha irónica reflexión sobre o destino da creación artística na sociedade do espectáculo.
Cunillé logra abordar un tema tan comprometido coma o da invisibilidade de África sen empregar imaxes escabrosas nin recorrer a tópicos: a súa é unha obra sobre o poder turbador da palabra.
'Infinita' é unha sucesión de sketchs nas que alternan episodios da vida de catro anciáns nun xeriátrico coas lembranzas da infancia que os asaltan no seu encerro.
A montaxe de Xulio Lago, que pon fin a quince anos de censura máis ou menos velada, incide no tema da manipulación política.
Flotats presentou en Galiza a versión de Brisville sobre o encontro entre Descartes e Pascal.
Un espectáculo fresco e atractivo para cativos e maiores convértese nunha das sorpresas máis gratas da temporada teatral.
Cunha adaptación dunha novela de Alejandro Palomas, en versión de Roberto Salgueiro, Lagarta lagarta constrúe un espectáculo no que se fía todo á forza dos sentimentos.
Teatro de Ningures intérnase no terreo do esperpento nunha comedia negra sobre a familia e a morte.
Teatro do Atlántico celebra os seus viente e cinco anos con dúas pezas curtas de Brian Friel.
Eduardo Alonso inclínase pola ironía e o desenfado nun novo musical sobre a cidade da Coruña na época do franquismo.
Descargar Tarifas