PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
43210
'Se Feixóo revisa a norma'
O PSdeG absterase na votación da Lei do Solo
Vivendas en construción Vivendas en construción. Xan Carballa

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe a abstención do seu grupo 'de modo unitario' na votación da reforma da Lei do Solo, que irá a pleno esta semana, no caso de que o texto pactado por socialistas e populares co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, se 'revise' tras as palabras do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo.

20.03.2010 | 15:12 | | 1 Comentario
43209
Di que a proposta pode ser asumíbel polo PSdeG e 'parte do BNG'
Lorenzo rexeita cambiar o decreto de reducirse a competencia en galego
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística. Pepe Ferrín / AGN

O texto do proxecto do polémico 'decreto do plurilingüismo' no ensino non universitario está 'bastante maduro' e 'aquilatado' de cara á súa redacción definitiva. Así o considerou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, sobre un texto que, malia reducir ao 33 por cento a presenza da nosa lingua, ve como unha 'proposta coherente' e 'realista' para a consecución dun 'equilibrio' entre galego e castelán nos centros educativos, que estará 'fixado' e garantido na nova norma.

20.03.2010 | 14:48 | | 15 Comentarios
43208
Rexeita as especies non autóctonas
Verdegaia esixe melloras na política forestal
Eucaliptos Eucaliptos

Co gallo do Día Forestal Mundial que se vai celebrar mañá, Verdegaia esíxelle á Xunta melloras na política forestal galega 'pola súa escasa sensibilidade e sostibilidade ambiental'.

20.03.2010 | 12:14 | | 1 Comentario
43204
Viaxa aos países polo Congreso do PP
Feixóo tenta sumar afiliados no Uruguai e na Arxentina
Alberte Núñez Feixóo abrázase a un emigrante galego na Arxentina Alberte Núñez Feixóo abrázase a un emigrante galego na Arxentina. Pepe Ferrín/AGN

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, e a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, participarán hoxe no III Congreso do PP español no Uruguai, que terá lugar no 'Centro Galego de Carrasco'. Neste país viven máis de 46.000 galegos e os 'populares' queren superar os 1.060 afiliados cos que contan neste momento.

20.03.2010 | 10:56 | | 5 Comentarios
43183
Aldeas da Raia Seca
A balada galega do Naraiama

A principios dos oitenta, Shohei Imamura, director de cine xaponés, realiza unha película chamada 'A Balada de Naraiama', que relata a costume dos anciáns de ir morrer ao monte Naraiama cando presentían que lles chegaba a hora. Esta lenda nipona está tamén presente en varias aldeas da Raia Seca, especialmente na Fraga, pertencente ao concello de Lobeira e na Azureira (Padrenda)

20.03.2010 | 09:15
43200
O BNG rexeita a iniciativa da Xunta
O PSdeG apoia a convocatoria dun novo concurso eólico
Parque eólico Parque eólico. Unión Fenosa

Os votos do PSdeG e PPdeG avalaron a convocatoria, no prazo ‘máis curto posíbel’, dun proceso de admisión a trámite de parques eólicos cunha potencia máxima de 2.325 megavatios, mentres que os 12 deputados do BNG rexeitaron esta iniciativa que promove un novo concurso de aproveitamentos eólicos tras suspender o realizado polo bipartito.

19.03.2010 | 11:45 | | 7 Comentarios
43198
Propostas do Debate de Política Xeral
PSdeG e PP reclámanlle ao Estado as transferencias pactadas
Carlos Aymerich, Manuel Vázquez e Alberte Núñez Feixóo nas cámaras do Parlamento Carlos Aymerich, Manuel Vázquez e Alberte Núñez Feixóo nas cámaras do Parlamento. Pepe Ferrín/AGN

O Debate do Estado da Autonomía, que concluíu con 147 propostas de resolución aprobadas, reservou diversos capítulos á xestión da Xunta co Goberno central, entre as que se atopan unha iniciativa apoiada por 'populares' e socialistas, sen o BNG, para reclamar as transferencias pactadas no 2008. Ademais, piden iniciar as negociacións para aumentar noutras 10 o paquete de competencias, entre as que se atopan as relacionadas coa titularidade de autoestradas, a ordenación do litoral ou o domino hidráulico.

19.03.2010 | 10:42
43197
No primeiro ano
A Xunta prevé aforrar seis millóns coa nova estrutura territorial
Toma de posesión dos delegados territoriais da Xunta Toma de posesión dos delegados territoriais da Xunta. Pepe Ferrín/AGN

O Goberno galego cifra en 6 millóns de euros o aforro anual que suporá a súa nova estrutura territorial, tras a substitución dos 52 delegados provinciais por cinco delegados territoriais, dos secretarios e dos xefes de servizo.

19.03.2010 | 10:18 | | 9 Comentarios
43196
‘É unha mostra de consenso’
Baltar Blanco aplaude o novo decreto do galego
Xosé Manuel Baltar Blanco con Alberte Núñez Feixóo no Parlamento Xosé Manuel Baltar Blanco con Alberte Núñez Feixóo no Parlamento. Pepe Ferrín/AGN

O presidente do PP de Ourense, Xosé Manuel Baltar Blanco, felicitou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, por articular ‘unha nova regulación moi valiosa’ sobre o idioma no ensino, en referencia ao novo decreto do plurilingüismo, e apelou á ‘responsabilidade’ de PSdeG e BNG para ‘non confrontar’ coa lingua.

19.03.2010 | 09:56 | | 22 Comentarios
43189
AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA
O Goberno oculta os motivos do cese na APLU
Pérez Novo, ex-director da Axencia da Legalidade Urbanística Pérez Novo, ex-director da Axencia da Legalidade Urbanística. OTTO

O director foi cesado pouco despois de que saltase a acusación xudicial contra o alcalde de Barreiros ao fío dun informe da Axencia de Proteción da Legalidade Urbanística, que tamén acababa de abrir expedientes por infraccións graves en sete municipios de Pontevedra.

18.03.2010 | 18:35 | | 1 Comentario
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
667 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río