PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
43205
Informe do Consello da Cultura Galega
A crise golpea o audiovisual e a edición
Nenas ollando libros infantís Nenas ollando libros infantís. Paco Vilabarros

A edición e o sector audiovisual son os sectores que máis están a sufrir a actual crise económica, tal e como indica o informe 'Primeira avaliación do impacto da crise económica no ámbito cultural de Galiza' publicado polo Observatorio do Consello da Cultura Galega.

20.03.2010 | 11:12
43169
Un traballo editado por Kalandraka
'Tic Tac', un libro disco para pequenos
Tic Tac, libro-disco de Kalandraka. Bocixa

Os pequenos teñen ao seu dispor unha nova maneira de achegarse nunha soa xogada á música e á lectura. 'Tic Tac' é a proposta de Kalandraka para os cativos, con textos e músicas de Pablo Díaz e ilustracións de Marc Taeger.

20.03.2010 | 07:42 | | 1 Comentario
43151
Crean a produtora audiovisual 'AiraProa'
Xosé Touriñán e Marcos Pereiro pásanse á produción
Os 2 de sempre, caracterizados como 'as Cantareiras de Ardebullo' Os 2 de sempre, caracterizados como 'as Cantareiras de Ardebullo'. CRTVG

Os actores Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro, do dúo artístico 'Os 2 de sempre' e coñecidos como 'As Cantareiras de Ardebullo', presentaron na Coruña a súa produtora 'AiraProa'. Dende ela promoverán proxectos audiovisuais, de representación e produción de artistas, servizos culturais e eventos.

18.03.2010 | 07:16
43141
Cunha exposición sobre as Misións Pedagóxicas
O Concello de Santiago homenaxea a Díaz Pardo
Cartaz da mostra das Misións Pedagóxicas Cartaz da mostra das Misións Pedagóxicas

O consistorio santiagués inaugura hoxe a exposición 'As Misións Pedagóxicas 1931-1936' coa que homenaxeará a Isaac Díaz Pardo. A mostra fai un repaso pola política cultural da II República e a chegada da información ás aldeas.

18.03.2010 | 07:03
43140
de Xavier Alcalá
Presentada a tradución ao castelán da triloxía 'Evanxélica Memoria'
Xavier Alcalá Xavier Alcalá

O escritor Xavier Alcalá presentou hoxe en Santiago a última entrega da versión en castelán da triloxía 'Evanxélica Memoria', que baixo o título 'Unha Falsa Luz', pecha a súa narración da 'descoñecida' historia da represión sufrida polos evanxélicos en España e particularmente en Galiza dende Primo de Rivera a Franco.

17.03.2010 | 16:40
43104
Mostra itinerante sobre Compostela e Europa
A historia do arcebispo Xelmírez xa está en París
Mostra sobre o arcebispo Diego Xelmírez en París Mostra sobre o arcebispo Diego Xelmírez en París. Consellaría de Cultura

A exposición itinerante ‘Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez’ inaugurouse o pasado luns na capital francesa. A mostra, que dá a coñecer a figura do gran promotor da peregrinación xacobea a Compostela no continente europeo, atópase no Musée des Monuments Français de París até o mes de maio. Posteriormente viaxará ao Vaticano e finalmente recalará en Compostela no mes de agosto.

17.03.2010 | 12:08
43091
Linho do Cuco protagoniza a primeira actuación
A Agadic presenta os concertos promocionais 'ST Música Presente'
O grupo de música tradicional Linho do Cuco O grupo de música tradicional Linho do Cuco

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abrirá mañá xoves 18 de marzo no Salón Teatro o programa de concertos promocionais 'ST Música Presente' coa actuación de Linho do Cuco. A iniciativa está deseñada para presentar novos traballos discográficos galegos a público especializado.

17.03.2010 | 11:46
43087
Festival Internacional de Documentais de Tui
Antón Lamazares e Manolo Paz inauguran Play-Doc
Antón Lamazares. Antón Lamazares.

A sexta edición do Festival Internacional de Documentais de Tui, o Play-Doc, comeza hoxe, a partir das 20h00 coa inauguración das exposicións dos artistas Antón Lamazares e Manolo Paz. O pintor e e o escultor presentarán cadansúa mostra antes da proxección do filme 'Horizonte sen dono', de Nayra e Xavier Sanz Fontes, sobre a arte e obra plástica de Lamazares.

17.03.2010 | 11:32
43044
Estrea da súa nova web
O novo traballo de Berrogüetto sae á venda o 6 de abril
Detalle da portada de 'Kosmogonías' Detalle da portada de 'Kosmogonías'

O vindeiro 6 de abril sae á venda 'Kosmogonías', o quinto disco de Berrogüetto. Unha vez máis, a formación introduce inovadores matices experimentais á música tradicional galega que, dende os seus comezos, utiliza como base.

16.03.2010 | 17:33
43041
Para textos teatrais, literatura dramática infantil e monicreques
Agadic convoca os premios Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde 2010

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), vén de convocar unha nova edición dos XIX Premios Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, a V edición do Manuel María, de literatura dramática infantil e o VII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na categoría de adultos e de nenos.

16.03.2010 | 12:23 | | 1 Comentario
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
292 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río