A Nosa Terra Diario RSS
Diáspora e voto electrónico
								<description>Un cuarto de século despois da súa posta en marcha chega á Galiza o voto electrónico e faino, a igual que tantas das innovacións presentes na nosa sociedade, vencellado ás dinámicas próprias da nosa diáspora. Nesta fase previa á súa implantación compre abordar unha reflexión colectiva co obxecto de garantirmos, na medida das nosas posiblidades, a súa adecuación á casuística própria do país.</description> 
Música Tradicional Galega
								<description>Un día apareceu Mercedes Peón cantando cunha lighona no Luar e foi como cando por primeira vez vin desaparecer a Mr. Spock tras dizer "teletransporte": os parámetros da cotidianidade desintegráronse pra deixar paso a un novo mundo insospeitado e fascinante no que resultaba imperioso aprofundar.</description> 
Do Berlaymont á Tour Madou
								<description>Paseniño van desaparecendo as notícias que a semana pasada conseguían traspasar o muro de siléncio imposto nos meios de comunicación audiovisual sobre o proceso de construción da Unión Europea. Non deixa de ser rechamante que a presenza de Europa en titulares e comentários de opinión pareza estar supeditada á mesma premisa que condiciona a presenza de Galiza: a de proxetar un estereotipo negativo que xenere rexeitamento por estar -supostamente- alicerzado en valores antagónicos aos da própria identidade.</description> 
Tractorada en Bruxelas
								<description>Atrás queda o balbordo do Matongué, ise bairro da Bruxelas popular, aberta e cosmopolita que baixo o lema de 'Ponte de Namur en Fete' convoca as celebracións festivas deste solstício de verán. Mais non será o do ciclo solar o único momento cenital ao que asistiremos transeúntes nesta cidade.</description> 
Eu traduzo o teu software
								<description>Son días estes de eventos e de encontros en torno ao noso idioma. Está moi ben que conseguísemos derrogar a prohibición de promovelo e atenuar a criminalización por empregalo, mais temos aínda por diante moitos anos de traballo para conseguir que a nosa cultura aprenda a superar ese trauma do pasado. Na internacionalización do noso idioma está a chave da súa normalización e nese camiño mediará nos próximos anos –alén da inevitábel converxencia ortográfica co portugués– a galeguización das ferramentas informáticas que cada día artellarán a nosa vida cotiá.</description> 
Bruxelas
								<description>Ruído de teclas enviando códigos de control. Ruído de obxectos que se depositan en bandexas de plástico e tamén de alarmas que detectan acusadoras os que non foron depositados. Ruído de megafonias plurilíngües. Ruído e vibración de turbinas, ruído de risas nerviosas e despois ruído enxordecedor de protesta gravitacional ante esta insolente incursión na atmósfera que só comezará remitir ao alcanzar a traxectoria prevista; unha que foi trazada sobre un plano paralelo ao dos rumores preelectorais nesta primavera da nosa terra.</description> 
Proba e sinal de enrolamento
								<description>A verba 'Blog' é un neoloxismo procedente do inglés Web Log que se está a popularizar ao tempo que proliferan eses diários personais así chamados debido a que podemos consultalos empregando un navegador web.</description> 