PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Gravada pola Galiza Filme Orquestra
Zeltia Montes gaña o premio Jerry Goldsmith por 'Pradolongo'

Redacción .  'Pradolongo' vén de facerse co premio Jerry Goldsmith, o galardón máis destacado dos que se conceden no congreso internacional especializado en música de cine 'Ciudad de Úbeda'.

Reloxo 11.07.2008 | 17:04

Fotograma da longametraxe 'Pradolongo' Fotograma da longametraxe 'Pradolongo'

O congreso, de carácter internacional, está dedicado á musica cinematográfica. O seu programa inclúe proxeccións, charlas e concertos, prestando especial atención aos novos creadores a través do premio Jerry Goldsmith.

Nesta edición, o galardón recaeu en Zeltia Montes pola banda sonora de Pradolongo, o filme rodado en Valdeorras e dirixido por Ignacio Vilar. Nacida en 1979, Zeltia é compositora de música para cine, televisión e música contemporánea. Foi elixida compositora da nova orquestra Berklee Contemporary Symphony Orchestra para a tempada 2007-08, e da Orquestra de Música Contemporánea ALEA III.

A música foi gravada pola Galiza Filme Orquestra no Mabs Scoring Stage e misturouse nos Estudios Bruar da Coruña. Vía Láctea Filmes é a produtora da película, que contou ademais coa participación da TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega e da Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Logo do seu paso polas salas comerciais, Pradolongo será proxectada este verán por toda Galiza nas sesións especiais de cine de verán nas que colabora Mr. Misto e a Deputación de Lugo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río