PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
Chega cedido polo At. de Madrid
Zé Castro xa adestra co Dépor

Redacción .  O defensa portugués Zé Castro xa está ás ordes de Miguel Ángel Lotina na Coruña. O xogador vén cedido polo Atlético de Madrid.

Reloxo 08.07.2008 | 18:40

O Deportivo xa está traballando arreo para a eliminatoria da Copa Intertoto. Nas últimas horas chegoulle un reforzo para a liña defensiva, Zé Castro.

O defensa central portugués vén cedido polo Atlético de Madrid e seica foi unha petición de Miguel Ángel Lotina, quen coida case imposíbel manter na Coruña a Fabrizio Coloccini e Pablo Amo, con ofertas substanciosas nos últimos días de equipos da primeira división. Castro quere aproveitar esta cesión para gañar minutos e recuperar a progresión que o levara nos seus tempos na Académica de Coimbra a ser considerado un dos xogadores con maior futuro da canteira lusitana.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil