PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Penas alternativas á cadea
Xunta, Goberno central e USC colaboran nun proxecto de reeducación de maltratadores

Redacción .  A Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio de Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela veñen de asinar dous convenios de colaboración para a posta en marcha dun programa de reeducación de maltratadores de xénero, de tal xeito que homes condenados por violencia de xénero cumpran sentenzas con medidas penais alternativas á prisión.

Reloxo 24.12.2009 | 12:40

. Flickr

A Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela será a encargada de impartir e desenvolver a iniciativa. O obxectivo do programa é incidir no comportamento do maltratador condenado por primeira vez, mediante a suxeición a programas específicos de reeducación e tratamento psicolóxico.

Trátase de intentar evitar a repetición de iguais ou parecidas condutas no futuro por parte dos maltratadores, así como de rachar coa espiral de violencia que adoita producirse nos casos de violencia de xénero.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río