Redacción . Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, vai formar parte da misión internacional de observación electoral nos comicios presidencias que se celebran na República Dominicana o vindeiro venres.
O máximo responsábel do IGADI viaxará á República Dominicana para participar como observador internacional nas súas eleccións presidencias do vindeiro venres 16 de maio. Xulio Ríos formará parte dunha misión integrada por medio cento de persoas procedentes dos Estados Unidos, América Latina, Europa e Asia. Entre os convidados atópanse congresistas, académicos, intelectuais e representantes de diversos partidos políticos. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional goza dun gran prestixio na zona polo seu coñecemento da situación política centroamericana, caribeña e latinoamericana, e polo seguimento que está a facer das implicacións en Asia da diplomacia dominicana.
Xulio Ríos