PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
galegos en xogo
Xulio Álvarez e Rubén, en postos 'Champions'

Redacción .  Dous galegos son pezas fundamentais no Mallorca Champions desta tempada. Xulio Álvarez é fixo para Gregorio Manzano. Rubén gañou a pulso a titularidade e será difícil recambialo.

Reloxo 08.02.2010 | 12:04

Rubén González Rocha Rubén González Rocha. Paco Vilabarros

Os dous xogadores do Mallorca xogaron completos o partido contra o Vilarreal (1-0). Nese partido tamén xogou Diego López, defendendo a porta dos castellonenses.

Paulo Álvarez estivo no once inicial do Deportivo pero acabou expulsado no minuto 37 por duplo cartón amarelo. O seu equipo empatou sen goles en Málaga. Iván Pérez entrou no minuto 60.

Diego Castro foi o único galego que marcou. O seu tanto, de penalti, non lle valeu para nada ao Spórting, que perdeu en Almería (3-1).

O ourensán Borja foi titular no Valladolid, que perdeu en Valencia (2-0).

Viqueira e Bergantiños entraron como suplentes polo Xerez, na derrota dos andaluces diante do Athlétic en San Mamés (3-2).

Aragoneses non puido evitar a derrota do Tenerife en Pamplona diante do Osasuna (1-0).

Segunda división

O Celta volveu contar cos galegos durante o empate a ceros fronte ao Salamanca. Noguerol, Lago, Dani Abalo, Iago Aspas e Joselu foron titulares. Abalo e Aspas foron substituídos na segunda parte. Nese partido tamén xogou o galego Sito Castro, lateral esquerdo polos helmánticos.

Iago Bouzón foi titular no Recreativo, que empatou a ceros en Castelló.

Goran Maric entrou no minuto 68 polo Real Unión de Irún, que gañou diante do Albacete (2-1).

Rubén é titular no Cartagena, que se mantén firme en postos de ascenso. Os levantinos gañaron en Vallecas diante do Rayo (2-3).

Jonathan Pereira tamén xogou desde o principio no Betis, que empatou na casa co líder, o Hércules (1-1). Foi substituído no minuto 53.

Outras ligas

Míchel Salgado entrou no minuto 65 na derrota do Blackburn Rovers fronte ao Stoke City (3-0).

Unha división por baixo pero tamén en Inglaterra, Paulo Couñago foi tamén suplente polo Ipswich Town. Entrou no minuto 61 no empate fronte ao Middlesborough na casa (1-1).

En Escocia, David Fernández foi suplente polo Kilmarnock, que goleou na casa o Inverness (3-0).

Gonzalo García foi titular no VVV Venlo holandés, que lle gañou ao Vitesse (2-0). O galego-uruguaio marcara na anterior xornada.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río