Redacción . Agora, cando o curso universitario chega a súa reta final cos temidos exames de xuños, o Gabinete Psicopedagóxico do Campus de Ourense, en colaboración coa Concellaría de Igualdade, pon en marcha os 'RelaXoves: xoves de relax', no que as técnicas de relaxación e autocontrol serán os eixos centrais para sorte dos alumnos.
Imaxe das pozas das Chavasqueiras
Para combater o estrés e máis a ansiedade, o Gabinete de Psicopedagóxico do Campus de Ourense, coa colaboración da Concellaría de Igualdade, Xuventude, Voluntariado e Termalismo, vén de deseñar o “RelaXoves: xoves de relax”, baseado na relaxación e no autocontrol.
A partir do 15 de maio e durante catro semanas, as termas de Outariz acollerán as actividades de relaxación deste programa pioneiro no ámbito universitario. Anxélica Ferro, directora desta iniciativa, apuntou que o obxectivo pasa por “facilitarlles aos alumnos o paso pola etapa finais dos exames”.
O prazo para a inscrición, que é de balde, xa está aberto. Segundo informa a Universidade de Vigo, as prazas cubriranse por orde de matriculación. Todos os estudantes que queiran apuntarse poderán facelo chamando ao teléfono do Gabinete Psicopedagóxico, 988 36 89 13, ou por mail.