PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Coa novela 'Un tipo listo'
Xosé Monteagudo, premio 'García Barros'

Redacción .  Xosé Montegudo gañou o premio 'García Barros' 2009 coa novela 'Un tipo listo'. O escritor xa gañara o 'Blanco Amor' do 2002 con 'As voces da noticia'.

Reloxo 16.07.2009 | 13:23

Xosé Monteagudo Xosé Monteagudo. Paco Vilabarros

O xurado declarou gañador por unanimidade a novela de Monteagudo por considerar que se trata dun libro moi orixinal, construída con calidade, moi cohesionada, cun ritmo de lectura rápido e sen quedas e con personaxes de grande autenticidade.

A trama de Un tipo listo lévanos á década do 1980 e relata un desfalco bancario. A obra, segundo o xurado, é unha crónica familiar e social e propón unha reflexión ética.

Os membros do xurado deste premio foron Inma Otero Varela, Armando Requeixo, Luís Alonso Girgado, Carlos Lema e Valentín García Gómez, que actuou como secretario.

Xosé Monteagudo xa gañara o 'Blanco Amor' no 2002. Un tipo listo será publicada por Galaxia. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río