PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Pola súa traxectoria na defensa da cultura arraiana
Xosé Luís Méndez Ferrín, Arraiano Maior da Seca

Redacción .  O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín vén de ser distinguido co Recoñecemento Arraiano Maior da Raia Seca 2009, que concede anualmente a asociación Arraianos. Será entregado no marco da festa transfronteiriza da Magadalena, entre Lindoso e Lobios, que se celebrará o próximo 26 de xullo.

Reloxo 01.07.2009 | 15:54

Xosé Luís Méndez Ferrín Xosé Luís Méndez Ferrín. Xerais A Asociación Arraianos acordou na súa xuntanza do 20 de xuño por unanimidade entregarlle ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín o Recoñecemento de Arraiano Maior da Raia Seca 2009, pola súa “traxectoria na defensa e na proxección exterior da identidade e da cultura arraianas”. O acto de entrega terá lugar o 26 de xullo en Lobios, no marco da celebración da festa transfronteiriza da Magdalena.

Entre a obra escrita de Ferrín destacan títulos como Con pólvora e magnolias, Estirpe, Contra maquieiro, O crepúsculo das formigas e Arraianos. O escritor foi proposto ao Premio Nobel de Literatura en diversas ocasións e ten sido distinguido co Premio da Crítica, o Losada Diéguez ou o Nacional de Literatura.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río