PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Por 'Catro esquinas'
Xosé Ignacio Silva, Premio Ourense de Contos

Redacción .  Xosé Ignacio Silva Regueira acadou o Premio Ourense de Contos para a Mocidade na súa 25ª edición por 'Catro esquinas'. O premio ten unha dotación económica de 800 euros e inclúe a súa publicación.

Reloxo 15.05.2008 | 14:01

Xosé Ignacio Silva Xosé Ignacio Silva Xosé Ignacio Silva Regueira (Carballo, 1979) foi o gañador na 25 edición do Premio Contos para a Mocidade convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense como contribución á festa do Día das Letras. Para o seu autor Catro esquinas, a obra gañadora, “é un relato que evoca os felices ou atormentados pasado, presente e futuro de varios personaxes que gozaron todos de diversos ceos e infernos en diferentes tempos vitais”.

O premio está dotado con 800 euros e inclúe a publicación da obra gañadora.

Na conmemoración dos 25 anos do certame, a Concellaría de Cultura do Concello de Ourense instituíu o Premio Eduardo Blanco Amor, para os estudantes matriculados nos centros de ensino ourensán, dotado con 500 euros. Nesta edición correspondeulle a Roberto Rodríguez Álvaro, do Instituto Blanco Amor polo conto O xardín do noso veciño.

Tamén se publicarán os catro accésit, que recaeron en Mónica Fernández Armesto por Escravas, princesas e unha muralla, en Cristina Ferreiro Real por Conversas, en Miguel Segador López por Pantasmas na taiga e en Alba Sánchez Ares por Bolboretas. Cada un dos catro recibirá 250 euros de premio.

A entrega do Premio Ourense de Contos terá lugar en Ourense, no marco da Feira do libro que se celebrará en xuño. Os Blanco Amor entregaranse en decembro nos actos que se organizan na cidade en lembranza e homenaxe do autor de A esmorga.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil