PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Xavier
López Rodríguez
Escritor
Volver, ou non
 28.05.2009 | 12:58

A crise está a cambiar moitos costumes dos últimos anos. Nalgúns casos, para ben. Acabou iso de endebedarse alegremente. Os mesmos bancos que daban crédito sen pedir nin o carné son os que agora se ocupan de evitar tentacións. Cando a sombra do paro nos deixa tan pálidos como nos poderían deixar unhas vacacións en catacumbas, daquela xa hai menos necesidades, xa se empezan a considerar outras posibilidades, outras formas de vivir e de lecer. Mesmo reformulacións. Disque hai retornos. Xente moza que volve mirar para a terra como lugar de traballo, como fonte de vida e de riqueza. Con explotacións leiteiras? Van ser lendas urbanas. Se cadra, o retorno é unha boa escolla para persoas nesa idade dalgúns afortunados de banca ou empresa pública que gozan de fabulosas pre xubilacións e teñen os fillos xa desaniñados. Tamén para quen non poida aturar esoutro labor de pedir nunha esquina. Boa opción sería, en todo o caso, para a terra, se as vellas ferramentas se desenferruxasen, se fosen a menos as hortas a monte. Estase a descubrir en moitos casos, e a redescubrir, noutros, a xenerosidade da terra, que sempre dá cento por un. Pero como suplemento ou como pasatempo. Para non pasar fame. A de volver debería ser, en todo caso, unha escolla voluntaria. Se o de volver á terra se ha de ver coma un castigo, mellor non volver.

Desaparecería a súa xenerosidade. Nese caso, mellor considerar outra vez a emigración a Europa, onde hai experiencia abonda e din que o traballador galego está ben considerado. E deixar que os xubilados ingleses sigan mercando as casas das nosas aldeas.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río