PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Basada nunha novela de Xabier P. Docampo
Vimbio filmes busca nenos/as para a película 'A casa da luz'

Redacción . 

Reloxo 20.04.2008 | 09:14

O produtor de Vimbio Files, X.X. Cabanas Cao O produtor de Vimbio Files, X.X. Cabanas Cao A produtora Vimbio Filmes iniciará a finais deste mes por toda Galicia as probas de repartición para elixir os protagonistas da súa próxima película 'A Casa da Luz', para a que busca "nenos de entre 8 e 13 anos de todas as nacionalidades e etnias".

'A casa da Luz', adaptación da novela de Xabier Docampo, será "unha das primeiras longametraxes de imaxe real para nenos" que se realicen en Galicia e será rodada integramente en galego. Está producida por Xose por X.X. Cabanas Cao.

Segundo explicou o director da película, Carlos Amil, non é necesario que os nenos "teñan formación actoral previa" xa que "o obxectivo é que se integren no proxecto con ilusión" dado que "a historia está formulada como un xogo".

As probas de reparto, tanto de protagonistas coma de figurantes, terán lugar nos meses de abril e maio, e a rodaxe está prevista para este verán co que "non interferirá no curso escolar".

A novela fantástica 'A casa da Luz', editada por Edicións Xerais, narra a aventura dun grupo de nenos que tratan de recuperar un amigo desaparecido nun "mundo descoñecido e misterioso".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río