Redacción . A Comisión pola Memoria de Vilagarcía, a Comisión pola Memoria Siñor Afranio e familiares das vítimas organizan o acto de lembranza que se celebrará hoxe e mañá en Vilagarcía aos seis homes asasinados na Ponte do Regueiro en outubro do 36.
Xosé Domingo González Boullosa coa súa filla
62 anos despois da morte violenta de Severino García Teixeiro, Xosé Domingo González Boullosa, Xoán Bacariza Sánchez, Ramón Muíños Lorenzo, Manuel Guillán Abalo e Xesús Froiz Gómez, Vilagarcía e a Estrada réndenlle homenaxe a estes seis paseados coa posta en marcha das xornadas 'Rexeitando o esquecemento'.
Dentro do programa, o auditorio de Vilagarcía acolle hoxe a partir das 20:30 horas a conferencia 'A represión en Vilagarcía', que pronunciarán Andrés Domínguez e Gustavo Hervella, ambos integrantes do proxecto interuniversitario 'Os nomes, as voces, os lugares'.
Os actos continuarán o 9 de outubro, coa sinalización na Estada do lugar onde foron inmolados os seis homes a partir das 19:30. Descubrirase ademais unha lápida na foxa común onde están enterrados. A xornada rematará no Teatro Principal coa intervención de familiares das vítimas.