PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
España, favorita
Vigo festexa o Mundial de hóquei

Redacción .  Hoxe comeza o mundial de hóquei a patíns en Vigo. As 16 mellores seleccións do mundo pelexan por un título que España gañou nos dous últimos campionatos. O Instituto Feiral vigués convértese nunha espectacular pista deportiva.

Reloxo 03.07.2009 | 18:43

Porteiro de hóquei a patíns Porteiro de hóquei a patíns

Vigo –e a súa sede auxiliar, Pontevedra– convértese entre o 4 e o 11 de xullo na capital mundial do hóquei. O campionato reúne en Galiza o mellor deste deporte e garante a atención dedicada dos afeccionados dos cinco continentes. Canles de prestixio como a qatarí Al Jazzeera emitirán en directo todos os partidos.

O mundial é a principal cita deportiva do ano en Galiza e até Vigo viaxarán seareiros de toda a península, especialmente de Portugal e tamén de Catalunya, onde se concentra o maior número de clubs desta disciplina.

O sorteo quixo que na primeira volta se enfronten portugueses e arxentinos, destinados ambos a loitar polas medallas.

Con todo, a favorita é España. En Vigo ten a oportunidade de conseguir o seu terceiro mundial consecutivo, logo das vitorias en Suíza 2007 e San José (EE UU) 2005.

Outros combinados con aspiracións son Suíza e Italia, cabezas de serie dos seus devanditos grupos.

Os grupos

Grupo I:

España

Angola

Mozambique

Colombia

Grupo II:

Suíza

Brasil

Andorra

Holanda

Grupo III:

Arxentina

Portugal

Chile

EE UU

Grupo IV:

Italia

Francia

Alemaña

Inglaterra

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río