Redacción . Este organismo, que tiña até o de agora o seu centro de operacións en Bruxelas, está dedicado a unificar os criterios e a promover o cumprimento das normas da UE en materia pesqueira.
A ministra de Pesca, Elena Espinosa, e o director executivo da Axencia Comunitaria de Control de Pesca, Harm Koster, asinarán hoxe o acordo que posibilita a prevista inauguración da sé en Vigo deste organismo. A Unión Europea recoñece así o liderado galego nesta materia.
Esta Axencia Europea foi creada en 2005 co obxectivo de fomentar o cumprimento uniforme e efectivo das medidas da Política Pesqueira Común, así como a coordinación entre os Estados membros. Esta institución loitará tamén contra a pesca ilegal.
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño investiu cinco millóns de euros na súa implantación.