PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Ante a crise
Vicepresidencia duplica as axudas de atención social

Redacción .  A Vicepresidencia da Xunta de Galicia duplicará as axudas destinadas a entidades de atención social, que pasarán de 800.000 euros a 1,6 millóns. Desta cantidade, o Consello da Xunta deu hoxe luz verde a un primeiro paquete de subvencións, que se farán efectivas antes de final de ano, por valor de 162.000 euros.

Reloxo 18.12.2008 | 14:47

Quintana, na visita aos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis Quintana, na visita aos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis. AGN Esquerda   1 / 2  Dereita   Así o confirmou hoxe en Vigo o vicepresidente galego, Anxo Quintana, antes de visitar a sede dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis, onde confirmou que, "ante a actual situación de crise" e, tendo en conta que, nese contexto "os que máis sofren son a xente humilde", multiplicaranse por dúas estas axudas destinadas a comedores sociais, albergues e outros dispositivos de atención.

Esta decisión canalizarase a través dun primeiro paquete de axudas, aprobado hoxe no Consello, que beneficiarán unha ducia de entidades, entre elas o centro visitado hoxe por Quintana, que recibirá unha achega extraordinaria de 15.916 euros –que se suman aos 136.500 euros que xa recibiu este ano por parte de Vicepresidencia–.

Beneficiarios

A maiores, Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol recibirá un total de 15.916 euros; Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela 35.000 euros; Cáritas Diocesana de Lugo 15.918 euros; Santo Hospital de Caridade 14.250 euros; o Instituto Benéfico Social Pai Rubinos 25.820 euros; e a Fundación Amigos de Galicia 14.250 euros.

Estas subvencións complementaranse, segundo apuntou o vicepresidente, cun aumento de case o 80 por cento no orzamento previsto inicialmente para a orde anual de subvención do ano 2009, e que permitirá ás entidades desenvolver o seu labor nun momento como o actual, no que "hai incremento" na demanda dos seus servizos.

Ademais das axudas a entidades, Quintana explicou que a Xunta está comprometida coa implantación dunha rede pública de atención, que inclúe centros como o que se abrirá en Vigo no primeiro trimestre de 2009, no edificio coñecido como 'A pinga de Leite'. A este respecto, insistiu en que o centro abrirase nese inmoble, a pesar da petición do alcalde para que se lle ceda ao Concello.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río