PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Do 21 ao 27 de maio
Varias poetas galegas na Semana da Poesía en Barcelona

Redacción .  No ano en que se fan século e medio dende que botaran a andar os Jocs Florals, no 1859, Barcelona celebra a súa semana da poesía achegando voces de diversas xeracións, procedencias e linguaxes. Chus Pato, María Lado e Yolanda Castaño son algunhas das voces galegas.

Reloxo 22.05.2009 | 11:58

Chus Pato Chus Pato A semana arrincou onte cunha recuperación daqueles xogos florais nacidos no contexto da Renaixença, presentada por Àngels Bassas, o inicio das XV Jornades de Poesia i Mestissatge "La poesia i la filosofia", na Universitat de Barcelona, unha homenaxe a Gerard Vergés, en que participaron Montserrat Abelló, Dionisio Cañas e Manuel Rivas, e diversos talleres, amais dos recitais improvisados de Ramón Pereira (do colectivo Furafollas).

O sábado 23 será a quenda da artista viguesa Ania González, e "Yo, coloreada" (ás 18.30 no Museu Barbier-Mueller d’Art Precolombí), onde os seus textos dialogarán coa cultura e a pintura inca. Xa o domingo, Yolanda Castaño estará xunta Salvador Bolufer e Gonzalo Escarpa en "La poesia és un espectacle" (ás 20.00 no Museu Frederic Marès), e o luns terá lugar, como todos os anos, o diálogo entre catro poetas das diferentes linguas peninsulares no Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison, arredor dun verso doutra poeta. Neste caso, o verso é "microscópicos fíos dourados nos chips de silicio", de Adrienne Rich, e falarán sobre escribir poesía na era dixital a vasca Leire Bilbao, a catalá Vinyet Panyella, a ourensá criada en Caracas e escritora en castelán Myriam Reyes, e a galega Chus Pato.

Xa o martes, en "Poètiques de l'absurd" (ás 22.00 no Palau de la virreina), interveñen sobre o absurdo, o irracional e a poesía o artista catalán Adolf Alcañiz, o poeta alemán Michael Augustin, os cataláns Ester Xargay e Vicenç Viaplana, o artista informático mexicano Eugenio Tisselli, e os galegos María Lado, poeta e videoartista, e Mig Seoane, músico e videoartista. O mesmo martes, Furafollas presenta unha performance poético-erótica (ás 20.30 en La Xina A.R.T.), sobre textos de Eva Méndez, e coa actuación de Ana Escourido e Alba Rubio. Furafollas e a galería La Xina A.R.T. participan tamén na ruta Ruta Manuel Vázquez Montalbán que arrinca ás 19.00 do Restaurante Casa Leopoldo, ese mesmo día. O colectivo galego tomará o espazo público con varias performances ao longo desta semana, en que a palabra anda solta polas rúas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río