PUBLICIDADE
Venres, 25 de decembro de 2009
Un día na vida de Uxío
Uxío Diz: 'para vós é natural andar de pé, e para min é natural andar así'

Bocixa/ Raquel Rei Uxío móvese nunha cadeira de rodas e ten problemas de psicomotricidade por mor dunha malformación conxénita. Pero iso non lle impide ter unha vida totalmente autónoma, nin estar sempre presente nas actividades culturais ou reivindicativas que teñen lugar en Compostela. ANT TV pasou un día con el.

Reloxo 21.01.2009 | 13:10

Uxío Díz. Bocixa / Raquel Rey

Uxío rexeita calificativos coma "discapacitado" ou "minusválido", e demostra que capacidades e valor, tenas todas. A cidade aínda llo pon difícil por veces: non hai rampas axeitadas para as persoas que se moven en cadeira de rodas. "O que hai é que liberarse mentalmente", afirma, non deixar de lado as posibilidades culturais. O seu fogar está cheo de recordos, mesmo un poema que Lupe Gómez escribiu para el.

Naceu en Marín hai 53 anos, vende cupóns da Organización Impulsora do Discapacitado e cursou estudos de filoloxía galega. Segundo parámetros médicos, ten unha discapacidade do 97%. A enfermidade que padece, artrogripose múltiple conxénita, que provoca contracturas articulares, polo que ten as pernas inmobilizadas e os movementos das súas mans e brazos son limitados. Así e todo, Uxío demostra cada día que para el non hai límites.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río