PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Susana Seivane, Aira da Pedra e Escola de Gaitas de Vilafranca
Uns Premios Xarmenta moi musicais

Redacción .  A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta outorga este xoves, no Teatro Municipal Bergidum de Ponferrada, estes galardóns, na que xa é a IV edición dos Premios Xármenta.

Reloxo 15.01.2009 | 09:17

A gaiteira Susana Seivane, unha das gañadoras A gaiteira Susana Seivane, unha das gañadoras Este ano, as persoas e colectivos premiados son do ámbito musical: na modalidade de premio a un persoeiro foi a gaiteira Susana Seivane a gañadora; na categoría de institucións, a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e mais a agrupación berciana Aira da Pedra son as homenaxeadas.

A resolución dos premios xa fora presentada en público o pasado 11 de decembro, no Barco de Valdeorras e en Ponferrada. O xurado estivo composto por sete membros: un escollido por Xarmenta (o presidente dos premios), un escollido polo Consejo Comarcal del Bierzo —gañador dun premio Xármenta en 2005—, un escollido polo Concello da Ponte de Domingo Flórez, un escollido pola Comisión Cultural Martín Sarmiento, un escollido polo Concello de Cacabelos, un escollido pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e o secretario de Xarmenta (o secretario dos premios). O veredicto do xurado foi acadado por unanimidade na súas dúas modalidades.

Esta cuarta edición é posíbel grazas á Asociación Berciana da Lingua Xármenta e ao apoio que recibiu da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Politica Lingüística, Galería Sargadelos, UNED de Ponferrada, Prada a Tope, Hotel AC-Ponferrada, Concello de Ponferrada, Concello da Ponte de Domingo Flórez, Concello de Cacabelos, Comisión Martín Sarmiento, Universidade de Vigo ou o Teatro Municipal Bergidum.

A gala, conducida polos xornalistas Ricardo López Témez —do Bierzo— e Soledad Figueroa —de Valdeorras— e estarán acompañados polas actuacións musicais dos premiados, acompañados por Anxo Rei e mais polo Mago Richard. Entregaranos o director xeral de Creación de Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta, Luís Bará, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López e o alcalde de Ponferrada, Ricardo López Riesco, e na gala repartirase tamén o número 3 da revista Xármenta.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río