PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
UNHA DUCIA DE ASISTENTES
Universitarios contra os boicotadores de San Gil

E. P Cualifican de 'aldraxe' os 'ataques' a políticas en universidades nos últimos días. Falan de 'medo' entre os alumnos aos independentistas.

Reloxo 28.02.2008 | 13:49

José Anido é simpatizante do partido de Rosa Diéz, segundo se pode ler no seu blog José Anido é simpatizante do partido de Rosa Diéz, segundo se pode ler no seu blog. lunaendor.blogspot.com Unha ducia de estudantes da Universidade de Santiago (USC) condenaron hoxe "enerxicamente" o uso da violencia "como instrumento de debate", tras o "ataques" sufridos pola presidenta do PP vasco, María San Gil; a política Rosa Díez; e a vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, en diversas institucións e defenderon a liberdade de expresión.

En representación dos estudantes presentes, o estudante José Anido leu á entrada da Facultade de Historia, en Santiago, cun megáfono o 'Manifesto pola liberdade de expresión na universidade', mentres un grupo de estudantes, contrarios a esta convocatoria, se reuniron no interior do centro.

 

"Espazos de liberdade"

Os estudantes concentrados recordaron que as universidades "son espazos de liberdade", polo que apostaron porque "non se poña en perigo a liberdade de expresión". "Os ataques violentos nas universidades ao longo de toda España a María San Gil, Rosa Díez e María Teresa Fernández de la Vega deberían avergoñarnos", subliñaron e precisaron que "habería que ver estes acontecementos como unha aldraxe" á que "debería ser a sede do debate social e do intercambio de ideas".

Por iso, este colectivo de estudantes condenou a utilización da violencia como instrumento de debate e reivindicou o seu propósito de "alzar a voz contra o acoso das liberdades onde queira que se produza".

Medo

Así, en declaracións a Europa Press, José Anido lamentou o "escaso apoio" a esta convocatoria que atribuíu "a certo medo" entre os alumnos a grupos independentistas de estudantes. "Esta xente está moi tolerada dende os órganos de goberno", denunciou e recordou que "teñen a súa base e sede en Historia". Non entanto, agradeceu que lle deixasen ler o manifesto "sen insultos".

Esta concentración prodúcese despois de que a pasada xornada máis de medio centenar de novos, convocados pola Asemblea Xeral de Estudantes da USC, defendesen a liberdade de expresión e solicitasen a paralización do proceso xudicial coa retirada dos cargos contra os cinco alumnos detidos polo boicot sufrido por María San Gil hai 15 días en Santiago; así como o cesamento das intervencións xudiciais.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río