PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Miles de gandeiros esixen en Madrid prezos xustos
Unións Agrarias pide unha lei de marxes comerciais

Redacción .  Varios milleiros de traballadores (12.000 segundo a Unión de Pequenos Agricultores, organización na que se integra Unións Agrarias, e 3.000 segundo a policía) esixiron unha solución en Madrid para a crise de prezos que sofre a gandaría.

Reloxo 07.05.2008 | 18:36

Unións Agrarias reclamou unha lei de marxes comerciais que poña coto ao que eles entenden como un abuso por parte de industrias e distribuidores sobre os produtores e os consumidores. O sindicato argumenta que pese a que os prezos en orixe descenderon dende agosto, o custe final de venda ao público medrou. No caso do leite, esta subida supón entre un 14 e un 28 por cento segundo a marca.

Segundo esta organización, a regulación das marxes xa se aplicou noutros países europeos, e non é incompatible coa liberdade de mercado. Outras medidas que propoñen para atallar a difícil conxuntura que atravesa o sector gandeiro en España serían a implantación de códigos de boas práctica comerciais, a obriga de que os prezos en orixe cubran os custos de produción de agricultores e gandeiros e un plan de axudas e compensacións fiscais para salvar as explotacións en crise.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil