PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
Campaña da Mesa para promover a manifestación do 18
Unha lingua pintada de azul a prol do galego

Redacción .  A Mesa pola Normalización Lingüística presentou os materiais que convidan a toda a sociedade a participar na manifestación do 18 de maio.

Reloxo 28.04.2008 | 12:41

A Mesa pola normalización lingüística. Bocixa e Raquel Rey

Unha lingua pintada de cor azul é a imaxe escollida pola Mesa pola Normalización Lingüística para ilustrar o material co que convida aos galegos a formar parte da manifestación polo dereito a vivir en galego, que se celebrará nas rúas de Compostela o vindeiro 18 de maio. Co fin de darlle pulo á convocatoria e para instar a sociedade a falar galego, a Mesa está a distribuír por toda Galiza 20.000 carteis, 10.000 autocolantes e 10.000 folletos. Nos próximos días, a Mesa organizará actos nas diferentes comarcas para promocionar a manifestación e lograr que se converta nunha mobilización histórica.

Durante a rolda de prensa, Carlos Callón, presidente da Mesa, lembrou que a lingua atópase “no seu peor momento” e asegurou que o destino do idioma depende dos galegos. Callón salientou as 70 adhesións ao manifesto 'Polo dereito a vivirmos en galego'.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río