PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
DEBE ESTAR LISTO NO PRAZO DUN ANO
Unha firma catalá fará o primeiro tradutor galego-inglés

Redacción .  Translendium recibirá case medio millón de euros pola adxudicación, que tamén inclúe un tradutor galego-español.

Reloxo 17.03.2008 | 07:54

O primeiro tradutor automático entre o galego e o inglés será realizado por unha compañía con sede en Barcelona, Transledium. A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de adxudicarllo por case medio millón de euros.

No mesmo paquete a Xunta tamén lle encarga a elaboración doutro tradutor automático entre galego e castelán. Hoxe xa existe un tradutor para esta combinación de linguas que, ademais, é software libre. Trátase do popular Opentrad-Apertium, ferramenta na que participaron a Universidade de Vigo e a consultora compostelá Imaxin Software e que se pode usar de balde na rede.

Uso aberto

A adxudicataria ten un ano para a entrega do programa. A Secretaría Xeral planea que o poidan usar tanto os funcionarios da Xunta como os cidadáns en xeral.

Transledium, baixo a súa anterior denominación de Compredium, xa traballara para a Xunta neste eido, pois foi a creadora do ES-GA, tradutor entre español e galego que na actualidade só está dispoñíbel para o persoal da Xunta.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río