PUBLICIDADE
Domingo, 05 de xullo de 2009
Redúcese tamén a caución pedida polo Concello
Un xulgado de Santiago ordena a retirada da vídeo-vixilancia na zona vella

Redacción .  O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Santiago aceptou a solicitude do Movemento polos Dereitos Civís e ordenou a execución provisional da sentenza que obriga a retirar os dispositivos de vídeo-vixilancia da zona vella compostelá.

Reloxo 08.01.2009 | 11:51

Renato Núñez Renato Núñez

Así o explicou en conferencia de prensa esta mañá Renato Núñez, do Movemento Polos Dereitos Civís, na sede do Club Internacional de Prensa, en Compostela. O xulgado reduciu tamén a caución solicitada polo Concello para proceder a execución provisional da sentenza, dos 600.000 euros que solicitaban até os 3.000 euros. O Movemento polos Dereitos Civís. ten previsto iniciar unha campaña de solidariedade entre a cidadanía, coa intención de obter donativos que permitan afrontar o pago desta caución, que se poderán facer mediante ingreso na conta 2080/0540/44/004000724 ou mediante tarxeta na páxina do mpdc: www.movemento.org.          

A sentenza, en setembro deste mesmo ano, condenaba ao Concello de Santiago a retirar todas as cámaras de vídeo-vixilancia do centro histórico da cidade. O xulgado censuraba con dureza "a pasividade coa que o Concello ten tratado o trámite necesario e obrigatorio imposto pola Lei".

As cámaras non contaban cos correspondentes permisos de renovación, carecían de libro de rexistro das imaxes e funcionaran durante un tempo sen que se tivese solicitado a autorización necesaria, polo que vulneraban as garantías recollidas na Lei de Protección de Datos. A sentenza se atopa actualmente pendente de recurso no Tribunal Superior de Xustiza, mais o Xulgado Contencioso Administrativo número 1 considera no seu escrito que a execución provisional da mesma á espera da decisión deste órgano non producirá "prexuízos de imposíbel reparación" ou "unha situación irreversíbel".

                       

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río