PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
Conclusións dos investigadores universitarios
Un tradutor portugués-español beneficiaría as exportacións

Redacción .  Reunión de sete grupos de investigación Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información en Compostela.

Reloxo 18.07.2008 | 07:17

Xosé Ramom Pichel na xuntanza da Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información en Compostela Xosé Ramom Pichel na xuntanza da Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información en Compostela. Vía Láctea A Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información (Rede PLIR) reuniuse hoxe e onte en Santiago. Nela participan sete grupos de investigación das tres universidades galegas. Unha das conclusións do encontro, segundo a organización, é “a necesidade das empresas exportadoras galegas de dispor un tradutor automático bilingüe entre o español e o portugués, co fin de aproveitar as oportunidades que ofrece o mercado luso”.

Segundo datos do Instituto de Comercio Exterior, España vende máis a Portugal que a todos os países latinoamericanos. Un total de 3.000 empresas españolas operan no país veciño e Galicia atópase no terceiro posto, despois de Cataluña e Madrid.

No encontro participou Xosé Ramóm Pichel Campos, da empresa compostelá Imaxin Software. Esa firma participa no consorciu Apertium, que creou a primeira familia de tradutores autómaticos abertos entre as linguas da península baixo a marca Opentrad.

Na actualidade está dispoñible a tradución bidireccional e gratuída entre español-galego e español-catalán e tamén a tradución do español-éuscaro. O par galego-portugués foi un dos últimos en incorporarse este verán.

“Opentrad destaca pola súa rapidez na tradución e por unha taxa de erro baixa, de entre o 4-5%” asegura a Rede. Segundo Pichel, “esta ferramenta xa a están a empregar miles de usuarios para traducir textos, documentos ou webs de forma que lles permite navegar por internet traducindo as páxinas do seu interese. Outros usuarios utilízana para ofrecer as súas páxinas persoais, empresariais ou os blogs nas catro linguas”.

Sobre o feito de que Opentrad sexa software libre Pichel destaca que isto permeite que “calquera persoa que teña os coñecementos lingüísticos e informáticos necesarios poderá adaptar ou ampliar o produto para crear un novo sistema de tradución automática, ata para novos pares de linguas relacionadas. Cremos que axudará a cambiar o modelo de negocio actual neste campo, baseado en licenzas, por un modelo baseado na prestación de servizos”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río