Redacción . Un morto e catro feridos é o balance de vítimas do atentado cometido esta pasada madrugada por ETA contra Casa Cuartel de Legutiano (Alava). O axente falecido é Juan Manuel Piñuel Villalón, natural de Melilla, tiña 49 anos e un fillo, e estaba nese momento de garda na garita do cuartel.
Os terroristas colocaron un coche bomba ao redor das tres da madrugada, xunto ás vivendas, sen dar aviso previo para permitir a evacuación dos ocupantes. Os bombeiros atópanse tamén apuntalando o edificio, que resultou seriamente danado. O feito de que o cuartel estea situado nos arrabaldos do municipio impediu danos maiores e só un caserío próximo viuse afectado pola deflagración. Coche abandoado Segundo fontes da investigación a banda terrorista empregou tres vehículos para cometer o atentado. A Etzaintza atopou abandonado no porto de Urkiola o último coche no que presuntamente fuxiron os terroristas. Trátase dun Peugeot 306 substraído o 14 de marzo. Os autores do atentado aparcaron o vehículo, unha Citroen Berlingo, a uns dez metros das instalacións da Garda Civil, nunha estrada que pasa xunto ao perímetro de seguridade.
Atentado da ETA en Álava contra un cuartel da Garda Civil
En principio, tres axentes (dous homes e unha muller) foron evacuadas a centros hospitalarios de Vitoria, dous a Txagorritxu e unha a Santiago. Outras dúas, gardas civís, quedaron atrapadas baixo os cascallos. No momento da explosión unhas 40 persoas atopábanse no interior de Casa Cuartel, segundo informou a Ertzaintza.
Rescatados
Unha vez mobilizado o Equipo Técnico de urxencias que coordina o equipo de montaña da ertzaintza e os cans de Salvamento e de rescate, localizouse a un deles sen vida e o outro ferido. Unha vez estabilizado, o axente foi trasladado tamnbién ao hospital de Santiago.
Os habitantes de Casa Cuartel foron evacuados tanto por axentes da Garda Civil como da Ertzaintza. Ademais, a Policía vasca estableceu un perímetro de seguridade en torno ao municipio, duns dous quilómetros.