PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Espectáculo 'As carmenciñas'
Un desafío ao espazo: a danza vertical

Redacción .  Duelirium é o dúo formado por Raquel Oitavén Fernández e Merçe Solé Arcona. Estiveron nas Festas do Barrio de San Pedro, en Compostela, presentando o seu espectáculo de danza vertical o pasado venres.

Reloxo 01.07.2009 | 13:42

Danza Vertical nas paredes do CGAC. Bocixa/R. Rei

O venres, no marco das festas do barrio compostelán de San Pedro, puidemos asistir a unha particularísima versión danzada da ópera Carmen, de George Bizet, baseada no relato de Prosper Merimée. As Carmenciñas, do dúo Duelirium, foi un espectáculo insólito que tiña por protagonistas dúas "Carmes" que pasearon cos seus abanos entre o público, para remataren penduradas das paredes do CGAC.

A compañía compostelá Duelirium presentara xa no Circonasa do 2008 O que queda por chover, un espectáculo que combina diversas técnicas circenses: aéreos (cordas, pirámide), acrobacia (verticais, prancha), equilibrios (acroportor), manipulación de cadeiras, contorsión e danza. Merçe, catalá formada na ximnasia e danza, coñeceu a galega Raquel en Barcelona, como alumna súa (hai xa por volta de sete anos), e formaron o grupo Viciáticas. O primeiro espectáculo, Duelirium Experiment, tivo tan boa acollida que optaron por empregar parte diso como nome, e logo formáronse en Novo Circo na cidade de Londres.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río