PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
DO GOLF AOS CASINOS
Un 'crack' que toca de pleno a 23 firmas galegas

Manuel Vilas A suspensión de pagos de Martinsa-Fadesa deixa no aire o futuro de 16 filiais e sete firmas participadas en lugares como Miño, Oleiros e Culleredo. Caixanova é unha das sociedades representadas no Consello de Administración.

Reloxo 16.07.2008 | 07:00

Oficina de ventas da macrourbanización de Fadesa en Miño Oficina de ventas da macrourbanización de Fadesa en Miño. revirate.nireblog.com

A caída de Martinsa-Fadesa repercutirá na economía galega, pois a inmobiliaria mantén unha extensa carteira de investimentos no país en construción: hoteis, golf, transportes, xogo e mesmo xestión de obras en Marrocos.

Caixa Galicia, como acreedora, e Caixanova, como accionista tamén están afectadas. O informe da CNMV indica ademais que as dúas caixas actuaron como garantes da OPA de Martinsa sobre Fadesa, aportando cada unha o 9,58% dos avais necesarios. Caixanova figura ademais como un dos primeiros quince accionistas, co 0,99% dos votos no Consello de Administración.

De Logroño a Marrocos

Segundo a última memoria aprobada pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) hai seis meses, a inmobiliaria ten dezaseis filiais coa sede social no país.

Todas elas están rexistradas na provincia da Coruña. Son Casino de Badaguas –que xestiona un establecemento de aposas en Jaca–, Confías Home (inmobilaria), Edificios del Noroeste, Enera Energía, Eurogalia, Fadesa Village Resort (adicado ás vivendas para turistas), Hotel Balneario de Villalba (que xestiona un establecemento de catro estrelas na vila da Terra Chá), Inmobiliaria Rialta, Miño Golf, Obralar (inmobiliaria), Residencial Coruñesa de Vivendas (inmobiliaria), Sotoverde golf, Urbanización de Peñaroja de Pego, Urbanización Club de Campo de Logroño, Inversiones Arnova (que traballa na representación doutras firmas) e Remobar.

O grupo de Martinsa-Fadesa en Galiza tamén inclúe participacións noutras compañías a través de sociedades intermediarias. Son sete firmas con domicilio fiscal na autonomía: Anjoca (con promocións inmobiliarias en Tánxer), Aplistone (no sector do granito), Gestapart Jandía, Sanatorio 2000, Centro Loxístico de Transporte Culleredo, Pinturas Meldorf e Golf de Aranjuez.

Investimentos en Oleiros

Entre os investimentos inmobiliarios máis relevantes do ano pasado figuran dúas operacións no Concello de Oleiros. Trátase dun aparcamento de 104 prazas e dunha área comercial de máis de 1.000 metros. En Galiza tamén figura a inversión nun campo de golf, por valor de 5.000 millóns.

Macrourbanización pendente dun sentenza

Pero a obra máis significativa de Fadesa en Galiza é a macrourbanización de Miño, que está a medio construír. Esta promoción tamén está pendente da resolución dun preito no Tribunal Supremo. E é que en 2002 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulou o acordo do Concello de Miño polo que se expropiou o chan.

A auditoría mostra que en xaneiro deste ano a inmobiliaria debía máis de 4.700 millóns de euros, dos que só 500 eran débedas a largo prazo. Sorprendentemente, a compañía, con 1.175 empregados, asegurou ter un beneficio neto en 2007 de cen millóns de euros, un 44 por cento menos que o anterior.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil