PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
É a man dereita do superdelegado de Ourense
Un condenado por fraude xestionará axudas da UE

Redacción .  Malia ser condenado por defraudar 50.000 euros de axudas dos fondos comunitarios e ser imputado polo mesmo motivo, Xoán Emilio Aparicio, man dereita de Roxelio Martínez, superdelegado da Xunta en Ourense, volverá xestionar subvencións da Unión Europea. Desta vez, encargarase de 4,5 millóns.

Reloxo 08.02.2010 | 09:28

Roxelio Martínez, superdelegado de Ourense, á saída aos Xulgados de Ribadavia Roxelio Martínez, superdelegado de Ourense, á saída aos Xulgados de Ribadavia. AGN

Xoán Emilio Aparicio é o home de confianza do superdelegado da Xunta en Ourense, Roxelio Martínez. Administrador do centro para o desenvolvemento do Val do Miño –Ceivam–, foi o tenente de alcalde de Martínez en Arnoia e aínda é o seu socio en Cultivos Ribeiro (empresa que recibiu de Ceivam máis de 270.000 euros). O seu nome saltou aos medios de comunicación por mor de dúas sentenzas por defraudar axudas dos fondos comunitarios.

Malia e todo, Aparicio volverá ser o encargado de xestionar as subvencións de Bruxelas ao desenvolvemento da comarca do Carballiño-Ribeiro. E é que a man dereita de Roxelio Martínez aprobou un exame para persoal técnico de xestión do Programa Leader Galiza polo que se fixo coa praza de xerente, que lle reportará 30.000 euros brutos anuais até o ano 2015.

Segundo informa El País, o socio do superdelegado asinou unha declaración na que consta que non está afectado por incompatibilidades para o exercicio do posto para acceder á praza. Declarou, ademais, que non realiza actividades privadas incompatíbeis ou que requiran coñecemento de compatibilidade.

No caso de inhabilitación para o cargo do socio de Roxelio Martínez (está pendente o xuízo penal pola fraude dos fondos de Ceivam, onde ambos están imputados) será o ex xefe técnico da Consellaría de Medio Rural do bipartito, o nacionalista Xosé Manuel Puga, que obtivo a segunda clasificación de entre os 23 aspirantes que se presentaron para esa praza, quen o substitúa no cargo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río