PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
7-1 nun recital de Boquete e Vilas
Tunda de Galiza sobre as Baleares

Redacción .  Galiza deu unha exhibición de bo fútbol e eficacia goleadora diante das Illes Balears, incapaces en todo momento de salvarse da treboada de bo xogo das galegas. O 7-1 final non é excesivo se temos en conta a cantiade de aproximacións perigosas das galegas sobre a área insular.

Reloxo 28.12.2008 | 19:31

Boquete, á dereita, pelexa un balón cunha xogadora balear Boquete, á dereita, pelexa un balón cunha xogadora balear . Paco Vilabarros Esquerda   1 / 3  Dereita  

A vitoria de Galiza sobre as Baleares fraguouse no primeiro tempo. A goleada e a gran diferenza entre os equipos confirmouse na segunda metade, cando as galegas materializaron cinco goles.

Durante a primeira parte, as insulares apenas crearon inquedanza na porta de Soaxe, que só tivo que intervir nun par de córners e que viu que afortunadamente como o disparo de Alonso ao pau milagrosamente non entraba na rede.

En troques, a gardameta balear, Navarro, tivo que ir buscar o balón dentro da porta en dúas ocasións. Primeiro no minuto 5, tras a fenomenal xogada de Boquete, que logo de canear con gran clase, deulle o pase a Vilas, que marcou cun tiro axustado.

Co 1-0, Galiza relaxouse. Preferiu ler o partido a longo prazo e durante 25 minutos apenas houbo ataques en ningunha das áreas. No último cuarto de hora, as galegas recuperaron a iniciativa e lanzaron varios ataques profundos.

Nun deles, levado de xeito individual por Ríos pola banda dereita, a galega encontrou vía libre para entrar na área e marcar o 2-0.

Con este resultado, as visitantes abriron liñas e intentaron marcar con rápidos golpes en pase longo. Non houbo tempo para máis en Pasarón.

Ráchase a igualdade

A aparente igualdade dos primeiros 45 minutos quebrou completamente após o descanso. O combinado galego saíu moi enchufado desde o primeiro intre e as oportunidades de gol foron constantes.

A extrema dereita Ríos volveu demostrar a súa calidade marcando o terceiro e o quinto. Boquete fixo o cuarto e o sexto.

Lomba marcou o quinto e Vilas o definitivo.

Co 7-0, Galiza relaxouse un tanto. A adestradora indicara que non quería que se abusase do rival e as súas pupilas cumpriron as súas ordes. De todos os xeitos, o gol da honra balear só chegou tras un fallo de Durán tras un tiro feble de Cladera.

Foi o último que se viu en Pasarón, que viviu un serán de chuvia e frío. Os mil e pico afeccionados gozaron dun bo espectáculo e animaron en todo o momento a Galiza.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río