PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
O COETG ALERTA DO ESCASO USO DA LINGUA NA TECNOLOXÍA
Trinta expertos elaborarán o Dicionario Galego das TIC

Redacción .  Un dicionario enciclopédico en galego recollerá todos os termos e definicións conceptuais que expresen o amplo universo da Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e da Sociedade da Información en Galiza.

Reloxo 13.05.2008 | 17:44

Presentación do Dicionario Galego das TIC Presentación do Dicionario Galego das TIC

A iniciativa está impulsada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial, da Consellería de Innovación e Industria; coa Universidade de Vigo, a través da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións, e coa Real Academia Galega (RAG).

Este proxecto deuse a coñecer hoxe nun acto en Santiago e que se presenta con motivo da celebración o próximo sábado 17 de maio do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008, e do Día dás Letras Galegas.

Precisamente, o presidente do comité da dirección do dicionario, Xavier Alcalá, explicou que o obxectivo principal do proxecto é "conectar" a lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Alcalá aproveitou a súa intervención para adiantar os primeiros resultados do proxecto –que se puxo en marcha hai medio ano e que espera ser publicado dentro de tres– para defender a "obriga especial na corrección e na economía dos termos", xa que interpretou que o código "fundamental" para os humanos é a fala.

Máis de 30 expertos

Pola súa banda, o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, explicou que este proxecto, no que traballan máis de 30 expertos, nace coa vocación de converterse nun compendio documental de "referencia".

Nesta liña, indicou que responde aos intereses do colexio profesional para que as comunidades profesionais, tecnolóxicas e empresariais, así como alumnos e profesores dispoñan dunha ferramentas lingüísticas para entender –"en lingua propia" os conceptos que definen as TIC de Galicia.

Escasa presenza do galego

Neste sentido, o secretario xeral do COETG, Ramón María Lois, criticou, na súa intervención, que no mundo das tecnoloxías da información hai unha "escasa" presenza do galego, polo que admitiu que con esta iniciativa aspiran a potenciar o seu uso e a que cambie a situación con este primeiro dicionario.

Ao respecto, a profesora de filoloxía galego-portuguesa da Universidade da Coruña, Pilar García Negro, reflexionou sobre o futuro da lingua galega na era dixital e explicou que tanto a fala como o idioma están nun proceso "inacabado", xa que, seguen existindo conflitos lingüísticos e de normalización, porque a "lingua é ubicua e non sectorial".

Finalmente, a directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, apoiou a posta en marcha deste tipo de proxectos que supoñen un "esforzo" por poder utilizar as TIC en ámbitos "non centralizados".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil