PUBLICIDADE
Venres, 08 de agosto de 2008
Denuncia de veciños de Barro
Trial entre mámoas e petróglifos

Redacción .  Veciños do Concello de Barro veñen de denunciar a 'afección de conxuntos singulares do monte Xiabre por unha proba de trial'. Porén, organizan unha ruta polo monte para comprobar in situ o estado do conxunto das Pedras Roibas e das mámoas.

Reloxo 09.05.2008 | 16:53

As pegadas do circuíto aínda permanecen días despois As pegadas do circuíto aínda permanecen días despois. Xesús Rodríguez Esquerda   1 / 2  Dereita  

O pasado 3 de maio, Xesús Rodríguez, veciño do Concello de Barro e membro da Asociación Cultural Barosa inspeccionou no monte Xiabre o tramo que, con cintas de cor vermella, marcaría a carreira de trial que se celebraría nos días posteriores. Os balizados máis visíbeis atopábanse nunha zona na que se sitúan tres mámoas e no conxunto das chamadas Pedras Roibas. Segundo apunta Rodríguez, ese mesmo día puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e da policía local de Caldas, un dos concellos afectados, para que instasen os organizadores a facer as correccións precisas co fin de evitar un impacto innecesario sobre a zona, que acolle 27 laxes con petróglifos.

O membro de Barosa asegura que dous días despois comprobaron que non se acometera ningunha modificación no trazado e que as motos correran por un tramo con mámoas á entrada de Xiabre, no Pousadoiro e polas Pedras Roibas. “Non só polo tramo que estaba sinalizado o sábado, senón por outras laxes do conxunto”, denuncia Rodríguez. Os veciños apuntan que “tampouco vimos sinalización ningunha de prohibición ou protección para as mámoas”. Segundo advirte o membro da asociación cultural, a vulnerabilidade do conxunto quedou confirmada “coa rotura e co desmenuzado dalgunhas pedras”.

Feitos en coñecemento das institucións

Logo de pór os feitos en coñecemento da Consellaría de Cultura, da de Medio Rural, dos concellos de Vilagarcía e de Caldas e da Subdelegación do Goberno, os veciños da zona reclaman o deseño dun circuíto axeitado que non interfira nos elementos singulares do patrimonio cultural, medio ambiental e xeolóxico.

Os veciños propoñen para este domingo pola mañá unha ruta polo monte Xiabre para comprobar o estado dos elementos arqueolóxicos. O aparcadoiro do polígono industrial do Pousadoiro é o lugar no que se reúnen ás 10 horas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil